DEPORTES
182 ciclistas déronse cita na "Baixo Miño Enduro Experience"
Os montes da Guarda e do Rosal acolleron o pasado domingo día 7 de abril a primeira proba de Enduro da zona, a “Baixo Miño Enduro Experience”, unha proba deportiva na que se combina a habilidade técnica do DH(Descenso) e a resistencia física do XC(Rally).
Durante o percorrido desta proba os participantes tiveron que superar desniveis considerables (ata 1200m de desnivel acumulado), alternando tramos de enlace con tramos cronometrados entre as localidades da Guarda e do Rosal, cun percorrido total duns 28km.
A “Baixo Miño Enduro Experience” é unha proba puntuable no Open de Galicia de Enduro coa particularidade de ter 5 tramos cronometrados cun percorrido que se realizou nun entorno idílico para a práctica da disciplina de Enduro, cunhas paisaxes espectaculares co río Miño, a Costa e o Porto da Guarda, os Castros de Santa Trega, o Rosal e os seus viñedos e a desembocadura do Miño.
Os participantes sairon ás 8:30h dende a Alameda da Guarda para dirixirse ata o Monte Terroso, onde realizaron os primeiros catro tramos cronometrados, seguido de preto por moitas persoas que non se quixeron perder este evento deportivo.
Dende o Monte Torroso os ciclistas desprazaronse ata o Monte Santa Trega, onde realizaron o tramo cronometrado final, rematando este na rúa de Circunvalación ao Monte Santa Trega e dirixíndose despois á Alameda da Guarda, onde tivo lugar a entrega de premios.
Nesta I edición da Baixo Miño Enduro Experiencie os gañadores absolutos da proba foron, na categoría masculina Santos Lemos Ramírez, na categoría feminina Desiree Duarte Castro e na categoría de e-bikes Javier Vara Blanco. Destaca o terceiro posto do ciclista local Jonathan Sousa Araujo na categoría Élite, que o coloca líder na Copa de Galicia de Enduro.
Dende o Concello da Guarda se quere agradecer o traballo realizado pola organización do evento a través do Clube Ciclista Insitu, aos voluntarios, GES da Guarda, patrocinadores, empresas e a todas as persoas e institucións que fixeron posible que unha proba deste calibre se celebrase na vila da Guarda.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.102