Mos
Un home perdeu a vida en Petelos ao quedar atrapado debaixo dun carballo
Unha persoa de avanzada idade perdeu a vida esta tarde na parroquia mosense de Petelos despois de quedar atrapado debaixo dunha árbore que estaba talando. Os feitos tiveron lugar no Camiño do Porto, moi preto do IES de Mos.
Foi unha persoa particular quen daba a voz de alarma ao 112 Galicia pasados uns minutos das 16:30 horas. Axiña, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou ata o lugar unha ambulancia medicalizada. Ademais, desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración dos Bombeiros do Baixo Miño, dos axentes da Garda Civil, Policía Local e membros de Protección Civil da localidade.
Unha vez no lugar dos feitos os servizos de emerxencia e, a pesar dos esforzos dos profesionais sanitarios por salvarlle a vida, tan só puideron confirmar o seu falecemento.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168