Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 22:23:38 horas

Xornal21.es
Domingo, 14 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Nova equipación para combater a vespa velutina

A concellería de Seguridade Cidadá adquire unha pistola para acceder aos niños que están alonxados

A concellería de Seguridade Cidadá  ven de adquirir unha nova ferramenta para a destrución de niños de vespa velutina cun valor de 2.490€. Este novo equipamento composto por un rifle estilo paint ball, cargadores, botellas de aire comprimido e todos os complementos e adaptadores precisos para impregnar o niño será empregado polos bombeiros e permitirá acabar cos niños que están moi elevados ou en lugares de difícil acceso.


Un complemento que facilitará o traballo do equipo de bombeiros que realizaba a  retirada de niños de velutina cunha pértiga de fibra de carbono adquirida tamén polo concello ao ser insuficiente a facilitada pola Xunta de Galicia.


Este novo aparello, que xa está sendo utilizada por outros concellos galegos, ven cun depósito para 200 tiros e un adicional con capacidade para 600 máis capaz de cargarse en apenas uns minutos. Ademais, simplifica a retirada de niños ao ser máis rápido e máis limpo como por exemplo no caso dos niños ubicados en torretas de tensión ao non ser preciso cortar a luz.


Por outro lado, esta nova ferramenta optimiza os recursos utilizando menos cantidade de produto, ata unha cuarta parte menos.


A concelleira Vanesa Fernández insiste na importancia de facilitar aos bombeiros as mellores ferramentas para que poidan desempeñar o seu traballo de xeito máis eficaz e tamén máis seguro para os propios profesionais, suplindo a “deixadez da Xunta de Galicia”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.