Domingo, 01 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 09 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Xiramos acada o segundo posto no Trofeo Don Quijote

A agrupación mosense de patinaxe logrou a prata coa coreografía “Dentro del tiempo”

O pasado 6 de abril, sábado, os rapaces da agrupación mosense de patinaxe Xiramos participaron no II Trofeo Don Quijote en Santa Cruz de la Zarza (Toledo) con tres grupos: “Welcome”, “Miradas en la noche” e “Dentro del tiempo”. Foi con este último co que obtiveron o segundo posto na súa categoría.


Este trofeo trátase dunha competición promocional de exhibición e o grupo da coreografía “Dentro del tiempo” acadou a medalla de prata na categoría de Grupo Grande Promocional.


Os integrantes da coreografía “Dentro del tiempo” son un total de 14 mozos, 11 nenas e 3 nenos, con idades comprendidas entre os 13 e os 18 anos; que lograron, con este segundo posto en Toledo, o seu primeiro podio.


Tras este logro deportivo xa teñen programadas novas citas de competición. O vindeiro sábado 13 de abril participarán no Trofeo Internacional de Vigo, o 27 de abril no Trofeo Condado de Salvaterra e o primeiro sábado do vindeiro mes de maio no Trofeo Cid Campeador en Burgos.


A Agrupación de Patinaxe Xiramos, que preside Beatriz Rodríguez Álvarez e que foi fundada no ano 2012, está integrada por un total de 27 patinadores e patinadoras de entre 11 e 18 anos de idade. Adestran dous días por semana en instalacións deportivas municipais, concretamente os martes no Pavillón Patricia Martínez e os venres no Pavillón Óscar Pereiro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.