Domingo, 01 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 11 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Charla sobre rabechas e enfados en menores de tres anos

Impartida por profesionais da psicoloxía na Escola Infantil de Cototorrón

A raíz dunha primeira charla de toma de contacto celebrada o mes pasado na Escola Infantil de Veigadaña, surxiu un ciclo de charlas gratuítas nas Escolas Infantís de Mos.

 

Naquel primeiro encontro entregóuselles aos pais e nais asistentes unha enquisa para recoller cales eran os temas que máis lles interesaban e da que se extraeu a temática das vindeiras charlas.

 

Este ciclo, organizado pola concellería de Política Social do Concello de Mos e impartido pola mosense Clínica de Psicoloxía Entropía, contará coa súa próxima sesión o vindeiro venres 12 de abril ás 18.00 horas na Escola Infantil de Cototorrón.

 

Vai dirixida a nais e pais de nenos/as de 0 a 3 anos e versará sobre rabechas e enfados.

 

As profesionais da clínica Entropía debaterán cos pais asistentes sobre enfados, pelexas, mordiscos, pataletas...

 

As ponentes compartirán tamén co público presente algunhas nocións, prácticas e técnicas para que lles sexan de axuda neste tipo de situacións con menores de 0 a 3 anos de idade.

 

Para máis información os/as interesados/as poden poñerse en contacto con algunha das tres Escolas Infantís de Mos. Escola Infantil de Porteliña: 986337184, Escola Infantil de Cototorrón: 986190998 e Escola Infantil de Veigadaña: 670380196.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.