Martes, 17 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 11 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación súmase este xoves ás accións do Día Mundial do Párkinson

Deputadas e deputados participarán en actos de apoio que se celebran na provincia para manifestar o apoio ás familias e persoas afectadas coa enfermidade

A Deputación de Pontevedra súmase este xoves, 11 de abril, á celebración do Día Mundial do Párkinson, co obxectivo de reivindicar unha maior sensibilización e concienciación sobre a enfermidade que en Galicia afecta a máis de 13.000 persoas, das cales ao redor do 25% viven na provincia de Pontevedra.

 

Para a institución provincial é fundamental sumarse a estas iniciativas que teñen por obxectivo concienciar á cidadanía, sensibilizar á sociedade e  visibilizar doenzas como o Párkinson que xa é a segunda enfermidade neurodexenerativa, tralo Alzheimer, con maior número de persoas afectadas. Neste eido, a Deputación de Pontevedra participará en actividades impulsadas na provincia polas asociacións de persoas que sofren Párkinson para manifestar o seu apoio institucional ás familias e persoas que padecen a enfermidade, que xa afecta á máis de 7 millóns de persoas en todo o mundo.

 

A Organización Mundial da Saúde decidiu no ano 1997 celebrar o 11 de abril o Día Mundial do Párkinson en homenaxe á data de nacemento de James Párkinson, o científico que deu nome á enfermidade ao definir no século XIX a sintomatoloxía da “Parálise Axitante”, como se coñecía naquel momento a doenza.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.