Martes, 17 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 11 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Socialistas de Pontevedra preparan unha campaña "para superar ás enquisas"

David Regades, secretario xeral provincial, valorou as enquisas positivamente asegurando que centrarán a campaña en “trasladar o resultado as urnas”

David Regades asegurou onte que a enquisa do CIS que sitúa ás e aos socialistas da provincia como  primeira forza “son o reflexo da opinión cidadá”. “Na situación política actual, con una dereita disposta a aniquilar os nosos dereitos, centraremos a nosa campaña en trasladar ese resultado as urnas”.


Para ilo, as e os socialistas están preparando unha campaña “baseada na proximidade coa veciñanza”, traballando a reo que o próximo 28 de abril “se enchan as urnas de votos socialistas e superemos todas as expectativas”. “É importantísimo que traslademos o noso proxecto e a importancia de votar nas dúas próximas citas electorais para continuar a construír un proxecto igualitario, integrador e solidario”, sinalou Regades.


O secretario xeral fixo estas declaracións tras a reunión mantida hoxe entre as candidaturas ao Congreso e o Comité Electoral Provincial. Coa vista posta na organización dos 15 días de campaña que comezan o próximo venres, as e os socialistas programaron os diferentes actos que terán lugar en toda a provincia.

 

 

 

 

As e os socialistas celebraron este mércores unha reunión das candidaturas ao Congreso e ao Senado do Comité Electoral Provincial

 

 

 


“Percorreremos a provincia para achegar o proxecto socialista, liderado por Pedro Sánchez, a todas as veciñas e veciños de Pontevedra”, asegurou Regades. O calendario, que aínda está por pechar completamente, contará coa participación de todos os integrantes de ambas listas, así como de cargos orgánicos e institucionais do partido tanto a nivel provincial como autonómico e nacional.


O acto central na provincia terá lugar o martes 16, cando o presidente do Goberno e candidato a ocupar a Moncloa de novo a partir do 28 de abril, Pedro Sánchez, visite Vigo, nun acto que se espera “multitudinario”, explicou o máximo dirixente provincial.


As e os socialistas non perderán de vista as eleccións municipais que se celebrarán o próximo 26 de maio. “Temos que trasladar á veciñanza que a sintonía do partido a todos os niveis”, afirmou Regades, que sinalou a colaboración entre institucións, a solidariedade e a igualdade “como eixos do ideario socialista”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.