PONTEAREAS
Os populares dan a coñecer os postos 4,5,6 e 7 da súa candidatura
Francisco J. Represas, natural de Ponteareas, é profesor asociado na Universidade de Vigo e exerce como enfermeiro especialista en Enfermería Familiar e Comunitaria. Ademais é presidente da Banda Xuvenil e Fundación Musical de Xinxo
A voceira e candidata do Partido Popular á Alcaldía de Ponteareas, Belén Villar, anunciou o nome das persoas que ocuparán os números 4,5,6 e 7 da súa candidatura para as eleccións municipais do 26 de maio.
O posto número catro é ocupado por Francisco J. Represas. Natural de Ponteareas, é diplomado universitario en Enfermería e, ademáis de varios Masters, conta cun doctorando en Endocrinoloxía pola Universidade de Vigo. Exerce como enfermeiro especialista en Enfermería Familiar e Comunitaria no centro de saúde de Nigrán e é profesor titular no Grao de Enfermería pola Universidade de Vigo na Escola de Enfermería do Meixoeiro.. Entre as súas aficións atópase a música e é presidente da Banda de Música Xuvenil de Xinzo e do Patronato da Fundación Musical de Xinzo.
Lina Limeres, reside en Ponteareas. É Técnico Superior en Administración e Dirección de Empresas. Empresaria e actual presidenta da Asociación Comerciantes Tea
O posto cinco é para Rosa María Carrera, natural de Angoares, auxiliar de Enfermería. Conta con experiencia en política municipal xa que exerceu como edil de Servicios Sociais no anterior mandato (2011-2015).
O posto número seis é para Lina Limeres, reside en Ponteareas, é Técnico Superior en Administración e Dirección de Empresas. Empresaria e presidenta da Asociación de Comerciantes Tea dende o ano 2012.
O posto número sete é ocupado por Celeste M. Barco, reside en Ponteareas, licenciada en Dereito pola Universidade de Navarra. Exerce como avogada dende o ano 1995. Especialista en dereito laboral e Seguridade Social.
Villar agradeceu a súa valentía por implicarse en política e destacou que son persoas moi traballadoras, vinculadas socialmente a Ponteareas e que aportan novas ideas ao seu proxecto para afrontar con ilusión os vindeiros catro anos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163