Miércoles, 04 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 12 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP proponse comprar, se chega á alcaldía, o aparcadoiro da Devesa para crear outra gran praza

Confluirán as rúas Vigo, Ador e Joaquín Fernández Sestelo, creando así unha única e gran praza unida o edificio de Servizos Sociais de A Devesa moito máis “segura” e “funcional”

O PP de Salceda de Caselas construirá unha “ampla” e “funcional” praza, contando coa parcela do actual aparcadoiro da zona de A Devesa na que confluirán tres arterias importantes do municipio, as rúas Vigo, Ador (onde se sitúa a gardería A Galiña Azul), e Joaquín Fernández Sestelo de acceso o pobo. Para levar a cabo este proxecto co que se busca “acabar cos problemas de tráfico da zona” e “gañar en espazo e benestar para os veciños” sería necesaria a compra da parcela que destinada agora a aparcadoiro, algo que o candidato á Alcaldía de Salceda, Santiago Rodríguez Davila, proponse lograr se consegue gobernar o Concello tras as eleccións do próximo 26 de maio.

 

Para o PP, esta nova estruturación da zona de A Devesa é a máis “lóxica” porque daría “funcionalidade” viaria e permitiría a construción dun parque infantil e biosaludable para goce dos veciños completamente pechado o tráfico para “seguridade” das familias e dos maiores, permitindo así poder ser utilizado para a organización de actividades deportivas, lúdicas o de carácter social dada a súa localización “pegado o edificio municipal de A Devesa en pleno centro de Salceda”.

 

 

 

 

Esta ampliación permitirá a creación dun parque infantil e biosaludable, para goce das familias e maiores

 

 

 

 

Todo iso, mantendo ata dez prazas de aparcadoiro para dar servizo o mencionado edificio de A Devesa e o dobre sentido de circulación da rúa Joaquín Fernández Sestelo como entrada e saída de Salceda desde e para O Porriño. Haberá unha área de carga e descarga para servizo dos comercios da zona e soterraranse os contedores de lixo. Rodríguez Davila está convencido de que “esta é unha mellor solución” para a zona da Devesa e por este motivo comprométese “durante os primeiros meses de goberno a iniciar as negociacións co propietario da parcela”. “As obras hai que pensalas ben e expolas con proxección de futuro para non ter que gastar varias veces no mesmo, é dicir, para non ter que tirar o diñeiro, e aínda que custe un pouco máis de tempo executalas é preferible facelo ben. Por iso, non entendemos por qué o Alcalde, Marcos Besada, ten tanta présa en levantar Salceda antes das eleccións, sen pensar nas mellores solucións”, explica Davila.

 

Por este motivo “animamos a Besada a reformularse o proxecto e o inicio inmediato das obras” e a “pospoñelas ata despois das eleccións”. “As présas non son boas e non todo vale para pretender rabuñar uns votos cando durante doce anos non se preocupou por resolver os problemas graves da zona”, aconsella Rodríguez Davila e lembra que “grazas a que nos anos 80 compráronse as vivendas situadas ao pé do actual Concello, hoxe podemos gozar da gran praza principal de Salceda, pola contra a día de hoxe o noso pobo non tería esta área de esparexemento da que gozan todos os veciños”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.