Jueves, 06 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 12 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Maica Larriba repasa coa Garda Civil e o concello o operativo de seguridade cidadán

A subdelegada e o alcalde, Antonio Lomba, subliñan a tranquilidade e a seguridade nas rúas da localidade

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba repasou hoxe co xefe da comandancia da Garda Civil, tenente coronel Manuel Touceda e o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, o operativo de seguridade cidadán despregado nas últimas datas na vila.


A coordinación entre a  Garda  Civil e a Policía Local serviu para reforzar a presenza de patrullas na vila ante un lixeiro incremento de pequenos furtos en establecementos comerciais rexistrados nos últimos meses. Larriba, Touceda e Lomba, nun encontro celebrado no cuartel da Garda Civil, subliñaron que a tranquilidade e seguridade regresaron á vila pola coordinación entre os corpos de seguridade para  unha maior presenza nas rúas. “A presenza das patrullas a pé e en coche no casco urbano de A Guarda sirve de persuasión para os pequenos delincuentes e transmite unha maior seguridade aos comerciantes e a toda a cidadanía da localidade”.


A subdelegada do Goberno e o alcalde quixeron transmitir o agradecemento á Garda Civil polo esforzo que está a facer co reforzamento das patrullas que está a servir para loitar contra estes pequenos furtos na localidade.


Ao mesmo tempo, Maica Larriba quixo recordar que A Guarda é un pobo tranquilo e seguro a pesar da alarma social que se pode producir nun momento determinado por una pequena acumulación de feitos delituosos “algo que ocorre en moitas vilas da provincia e que, en moitos casos, veñen ligados ao consumo de estupefacientes”, concluíu a subdelegada.   

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.