NIGRÁN
O Concello de Nigrán contrata a redacción do proxecto da cociña do CEIP Humberto Juanes
O deseño contemplará unha instalación dimensionada de xeito que poida beneficiar aos demais colexios públicos de Nigrán que a soliciten
O Concello de Nigrán contratou xa ao estudo nigranés de arquitectura Aintegra a redacción do proxecto para habilitar unha cociña no CEIP Humberto Juanes válida para o uso tamén doutros colexios por un importe total de 6.000 €. Será este o que determine o prezo de construción da instalación, que previsiblemente superará os 100.000 €, e coa contía que finalmente estime o proxecto se poderá realizar a reserva do crédito correspondente no Concello. O deseño contemplará unha cociña o suficientemente dimensionada para que outros centros públicos de Nigrán que así o soliciten poidan beneficiarse dela dende o inicio. "O investimento que realizará o Concello será moi cuantioso, polo que por unha cuestión de xustiza, equidade e igualdade de oportunidades ten que poder beneficiar a tódolos colexios públicos do municipio", explica o alcalde, Juan González.
A directora do colexio, Cristina Fernández, manifestou na reunión de onte coa comunidade educativa e con representantes políticos de Nigrán a vontade da Xunta de incluír nas futuras bases de contratación a posibilidade de que os catering poidan cociñar no propio centro, compromiso que, sinalou, lle trasladou nunha recente reunión o secretario xeral técnico da Consellería de Educación e Cultura. "Estanse a dar os pasos correctos, agardamos que finalmente as bases contemplen esta posibilidade pola que loitamos, dende o Concello confiamos no compromiso da Xunta e xa non agardamos a que saian publicadas para contratar o proxecto e adiantar o máximo de tempo", explica González.
O Concello de Nigrán, co consenso unánime da corporación, acordou sufragar esta instalación e que poida ser empregada por tódolos centros públicos do municipio que o soliciten e que, ao mesmo tempo, o novo contrato inclúa a subrogación do persoal que traballa nos comedores.
O proxecto deteminará a contía orzamentaria necesaria para realizar a correspondente reserva de crédito
"Creemos que é máis saudable a comida feita directamente no comedor e tódolos colexios deberían ter o dereito de beneficiarse dela se así o solicitan, dado que as instalacións realizaranse con cartos do Concello. Ademais, xa existen profesionais traballando nos comedores dende hai anos e sería inxusto que se lle rescindise os contratos", resume o alcalde, Juan González.
Tanto dente a comunidade educativa como dende o Concello consideran que prescindir do sistema de catering actual permitiría ter unha alimentación máis saudable porque se contrarrestaría o uso de alimentos ultraprocesados e privilexiaría o uso de productos frescos e materias primas do comercio local, poderían elaborarse menús máis variados, achegaría aos nenos á cultura do esforzo e traballo ao non separar físicamente o proceso de elaboración do resultado final e crearía un ambiente máis familiar no centro. Ademais, considerase que permitiría menús máis equilibrados e axustados ao perfil do alumnado, resultando pratos máis atractivos para os cativos.
O CEIP Humberto Juanes, situado ao carón da Casa Consistorial, é o colexio máis numeroso de Nigrán con preto de 400 alumnos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217