PROVINCIA
A Deputación impulsa “TIC Emprendes”, un proxecto para fixar poboación moza no rural
Vai dirixido a 390 mozas e mozos de 31 concellos que acusan o envellecemento, perda de poboación, dispersión e renda inferior á media provincial e á galega
A loita contra o despoboamento do rural é un dos maiores retos aos que nos enfrontamos e co obxectivo de contribuír a frear esta situación a Deputación de Pontevedra impulsa “TIC Emprendes”, unha iniciativa presentada ao Proxecto Operativo de Emprego Xuvenil do Fondo Social Europeo, que acaba de recibir o informe favorable da Xunta de Galicia. O proxecto ten por obxectivo a fixación de poboación moza no rural a través do impulso de proxectos de emprego, autoemprego e emprendemento que permitan xerar oportunidades nestas zonas”.
“TIC Emprendes”, cun orzamento de 702.975 euros, céntrase en 31 concellos da provincia nos limitacións demográficas, principalmente o envellecemento, a perda de poboación e a dispersión xeográfica, e cunha renda per cápita inferior á media da provincia e da Comunidade Autónoma. Así, está previsto que se beneficien do programa Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade,Covelo, Crecente, Cuntis, Dozón, Forcarei, Fornelos, A Illa de Arousa, A Lama, Meaño, Meis, Mondariz, Mondariz-Balneario Moraña, As Neves, Pazos, Ponte Caldelas, Pontecesures, Portas, Rodeiro, Oia, O Rosal, Silleda, Valga e Vila de Cruces.
En total ofértanse accións formativas centradas nas novas tecnoloxías que se completan cun módulo de formación en emprendemento, autoemprego e creación de empresas
En concreto, o programa vai dirixido a 390 persoas mozas (16-30 anos) residentes nestes concellos, incluídas as persoas con diversidade funcional, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, que estean inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. O obxectivo do proxecto é que o 15% das persoas mozas participantes comecen unha iniciativa emprendedora, o 30% obteña un emprego e o 80% permaneza no seu lugar de residencia.
Para acadar o obxectivo, cando “TIC Emprendes” reciba o visto bo dos fondos europeos ofertará á mocidade accións formativas enmarcadas en dez eixos temáticos específicos que serán completados cun módulo de formación no emprendemento, autoemprego e creación de empresas. Máis polo miúdo, impartirase formación específica sobre programación web con software libre; creación e xestión de páxinas web; creación e xestión de tendas online; creación de aplicacións móbiles; creación de aplicacións de realidade virtual e realidade aumentada; creación de contidos dixitais; marketing dixital; análises de datos e Big Data; seguridade en redes informáticas e robótica. Pola súa banda, en canto á formación de autoemprego e creación de empreas abordaranse cuestións como o Design Thinking, investigacion da contorna, esutods de mercado, idea e definición da proposta de valor, deseño do plan de negocio, definición de obxectivos, plan de marketing, plan de operacións, plan económico financiero e plan de implantación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11