SALVATERRA DE MIÑO
O BNG denuncia que a Policía Local de Salvaterra está "baixo mínimos"
O Bloque esixe que se retome a regulación do tráfico á saída do colexio
O BNG, a través do seu portavoz e candidato á alcaldía de Salvaterra, Xosé Antón Outeiro, denuncia a situación de “desprotección e inseguridade que sofren os veciños e veciñas da localidade”. Dende o Bloque consideran “insuficiente” o número de policías locais que hai en Salvaterra para cubrir a vila e as dezasete parroquias.
Segundo manifesta o BNG, “foron varios os servizos que o corpo de Policía Local de Salvaterra tivo que abandonar por culpa da política do goberno do Partido Popular. Entre eles destaca a boa labor que viñan facendo ao regular o tráfico á saída do Colexio Infante Felipe de Borbón e da Escola Infantil, debido á gran afluencia de vehículos e persoas”.
Ademais, o portavoz do Bloque indica que “en moitas das actividades nas que participan asociacións ou colectivos diversos e que require cortar o tráfico das rúas, son os propios colectivos os que se encargan de realizar esa xestión e incluso de regular o tráfico, sen contar con ningún plan de actuación do Concello para que leve a cabo a Policía Local”.
O BNG esixe “que se recupere a patrulla que regulaba o tráfico á saída do colexio e que haxa unha patrulla da Policía Local tamén pola noite”. Os nacionalistas lembran que “o goberno do PP, ante as iniciativas do BNG pola falta de seguridade, xa se comprometera no 2012 a realizar un estudo para levalo a cabo, pero dende entón non moveu nin un só papel para facelo realidade”.
A Unión Europea marca unha media de 1,8 policías locais por cada 1.000 habitantes e a Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) recomenda una taxa de 1 policía local por 667 habitantes. “Isto suporía que Salvaterra debería contar cun número superior a quince axentes para manter un servizo de calidade”, sinala o BNG.
Dende o Bloque lembran que “en Salvaterra hai un policía local formando parte do equipo de Goberno, en excedencia por ser o 2º Tenente de Alcalde, e outro que figura como policía local pero que nunca se lle viu vestido de uniforme, posto que fai de todo agás as funcións de policía local. Agravando a cuestión, en outubro de 2018 déixase marchar un policía por un ano para cubrir unha baixa en O Porriño, quedando o corpo de Policía Local con só dúas persoas en activo encargadas de soportar toda a xestión encomendada de informes e regulación da seguridade viaria.
Para o BNG, “esta é unha mostra máis da nefasta xestión do goberno de Arturo Grandal e Marta Valcárcel, que malgastan os cartos en políticas de escaparate antes de atender as necesidades e seguridade das veciñas e veciños”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217