GALICIA
Feijóo salienta que a educación representa os mellores valores para afrontar os retos do mundo actual
Destaca o labor de todos os profesionais que forman parte do sistema educativo galego e que traballan, día a día, pola equidade e a igualdade de oportunidades, pola innovación e polo plurilingüismo, sen esquecer a ética ou o civismo
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou onte que a educación da mocidade galega representa os mellores valores para afrontar os retos do mundo actual, referíndose así ao esforzo, á constancia, á dedicación e ao civismo que a caracterizan.
Durante o acto de entrega dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico e ao esforzo e superación persoal, Feijóo animou á que cualificou como “a xeración mellor preparada da historia” a seguir traballando para acadar os soños desexados, apoiándose sempre na familia, no corpo docente e nos compañeiros.
Ao longo da celebración, o titular da Xunta tivo tamén palabras de recoñecemento para todos os profesionais que forman parte do sistema educativo galego e que traballan, día a día, pola equidade e a igualdade de oportunidades, pola convivencia, pola innovación e o uso das tecnoloxías e polo plurilingüismo; “todo isto –precisou- sen esquecer a comprensión lectora, as habilidades sociais, comunicativas e culturais, a ética ou o civismo.
O titular da Xunta participou no acto de entrega dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico e ao esforzo e superación persoal
“Non deixedes de ser alumnos do S.XXI, pero coas mellores características deste novo mundo. Sodes a mellor representación da prosperidade de Galicia”, aseverou, recordando que “estes premios son un punto e seguido nas vosas traxectorias”.
O responsable do Executivo autonómico concluíu a súa intervención cunhas palabras de recordo e agarimo para a tamén galardoada Andrea Núñez Martínez, do IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra, e trasladou o profundo pesar á súa familia, aos seus amigos e aos seus compañeiros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11