Martes, 17 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 13 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

Ángeles Marra asegura que en oito meses “desbloqueamos moitos dos proxectos que tiña bloqueados o PP”

As e os futuros representantes socialistas nas Cortes Xerais compartiron a mañá co candidato á alcaldía da vila, Carlos Gómez

As e os futuros representantes socialistas dos pontevedreses no Congreso e no Senado compartiron esta mañá co candidato á alcaldía de Baiona, Carlos Gómez, co que intercambiaron impresións e pasearon pola vila para coñecer as preocupacións da veciñanza.

 

 

 

“En só oito meses de goberno Pedro Sánchez desbloqueou moitos dos proxectos que tiña bloqueados o Partido Popular”, sinalou Ángeles Marra, número tres na lista ao Congreso. A futura deputada fixo especial fincapé na aposta pola igualdade das e dos socialistas, poñendo como exemplo que este executivo “é o que máis mulleres ten da historia”.

Marra mencionou varios dos compromisos xa cumpridos e algunhas propostas para a próxima lexislatura: a loita contra a violencia machista, cumprindo o Pacto de Estado, a reforma do código penal para introducir o consentimento expreso nas relacións sexuais ou a regulación da eutanasia.

Pola súa banda, Modesto Pose, candidato ao Senado, sinalou que Galicia “ten que estar na cabeza do voto progresista” ao PSOE como o partido cun compromiso “co avance e a solución dos problemas da sociedade”. O actual senador por designación autonómica denunciou que votar ao PP “é a volta atrás” e acusou aos de Casado de estar “lastrados por VOX”.

 

“Precisamos un futuro aberto, de innovación”, afirmou Pose, e sinalou o impulso que os socialistas lle darán desde o Goberno a un novo Pacto de Estado pola Ciencia que contemple a investigación e a innovación como base do progreso máis xusto e do benestar.

 

O acto tamén contou coa presencia de Begoña Aldao, candidata a senadora, que apuntou que baixo a dirección de Sánchez “se reafirma un dos sinais fundamentais que acompañaron sempre ao socialismo, o feminismo”. “Estamos comprometidos nítida e amplamente con esta loita”, continuou Aldao, “contra a trata de mulleres, a violencia de xénero e a discriminación salarial, laboral e de trato”.

 

Por último, o candidato socialista á alcaldía da vila, Carlos Gómez, agradeceu o apoio á súa candidatura e o traballo “para que Pedro Sánchez siga sendo presidente do Goberno”. “Imos facer unha arribada social coa que imos garantir tanto a nivel local como estatal o cambio que precisa España e Baiona”, finalizou.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.