Domingo, 01 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 14 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Marra: “Alonso foi unha excelente alumna”

Ángeles Marra, Modesto Pose, Jorge María e Alejandro Figueroa acompañaron á candidata á alcaldía, Victoria Alonso, na visita á feira da vila

A choiva non foi impedimento para que esta tarde de domingo as e os candidatos socialistas ao Congreso e o Senado visitaran Mos e a súa afamada feira. Acompañados pola candidata á alcaldía, Victoria Alonso, as e os futuros representantes da veciñanza nas Cortes Xerais percorreron os diferentes postos achegándolle as propostas do PSOE para as próximas eleccións do 28 de abril.


“O PSOE é o partido das mulleres, que mellor as representa, o que máis leva traballado pola igualdade entre homes e mulleres”, sinalou Modesto Pose tras loar a Alonso, “unha muller comprometida e preparada”.


Pose fixo súas algunhas das medidas levadas a cabo polo Goberno de Sánchez, así como propostas para a próxima lexislatura: a loita contra a violencia machista, cumprindo o Pacto de Estado, a reforma do código penal para introducir o consentimento expreso nas relacións sexuais ou o elevación do permiso de paternidade.


A casualidade quixo que Ángeles Marra e Victoria Alonso coincidisen desta vez como candidatas, mais as súas vidas xa se tiñan cruzado con anterioridade: a hoxe candidata á alcaldía de Mos foi alumna de Marra na Universidade de Vigo, onde a terceira na lista ao Congreso imparte a materia de Teoría Económica.


“Alonso foi unha excelente alumna e estou segura de que será unha magnífica alcaldesa”, afirmou Marra. A actual concelleira en Vigo sinalou que a vila “necesita unha volta, porque Mos é unha vila socialista”. “Temos dúas opción, votar a Pedro Sánchez ou votar á dereita e á ultradereita”, asegurou facendo un chamamento á mobilización.


Pola súa banda, Alonso agradeceu ás compañeiras e compañeiros a presencia en Mos, “un exemplo de que o PSOE apoia a esta vila, non como está a dicir a candidata do PP”. “Estes nove meses de Goberno socialista foron meses de avances para as mulleres, para a igualdade e os dereitos sociais, e precisamos seguir traballando neles”, sinalou a candidata á alcaldía tras pedir o voto para o PSOE. “Todo o demostrado por Sánchez á fronte do Goberno de España é o que queremos demostrar nós en Mos, por iso me presento á alcaldía”, finalizou.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.