SOLIDARIOS
Sae á luz a curtametraxe “Se vende” realizada por persoas con problemas de saúde mental
A peza é o resultado dun obradoiro de vídeo participativo realizado no marco do Programa Más Social, promovido pola Fundación Barrié, no que as persoas usuarias foron as protagonistas de todo o proceso creativo, dende a concepción da idea ata a rodaxe e a interpretación
Un grupo de persoas usuarias da asociación DOA Saúde Mental, que realiza as súas actividades nas localidades de Vigo e Cangas, estrea mañá, 16 de abril, a curtametraxe participativa “Se vende”. A estrea será un lanzamento na Internet que se realizará na canle de Youtube da asociación.
A curtametraxe “Se vende” é o resultado dun obradoiro de vídeo participativo desenvolvido durante dous meses en DOA Saúde Mental, realizado no marco do Programa Más Social promovido pola Fundación Barrié. Os participantes do taller, persoas con problemas de saúde mental, adquiriron as ferramentas e coñecementos necesarios para contar as súas historias a través do audiovisual, executando todo o proceso dende a concepción da idea ata a rodaxe e a interpretación.
O resultado desta experiencia foi unha curtametraxe de terror rodada en Vigo que conta a historia dun fotógrafo dunha axencia inmobiliaria que ten a encarga de fotografar unha casa onde comezan a producirse sucesos estraños. Para a elaboración desta peza, os usuarios de DOA Saúde Mental exploraron a súa realidade, compartiron preocupacións e intereses e aprenderon a contar historias dende a súa perspectiva.
Tras a preestrea, celebrada a pasada semana en Cangas no ciclo de teatro CITEAMOR, mañá, 16 de abril, lanzarase na Internet esta curtametraxe que conta unha historia de terror
A semana pasada celebrouse a preestrea da curtametraxe nunha proxección realizada en Cangas dentro do ciclo de teatro afeccionado CITEAMOR, a cal recibiu unha calorosa e positiva acollida. Pola súa banda, a semana que ven subirase tamén á Internet un making off que explica como se fixo a curtametraxe e cales foron as impresións e as experiencias das persoas participantes.
Vídeo participativo: unha metodoloxía que promove a participación
O vídeo participativo é unha metodoloxía de traballo que pretende promover a participación social e o empoderamento de persoas en risco de exclusión. No taller realizado no marco do Programa Más Social, promovido pola Fundación Barrié, os usuarios de DOA Saúde Mental mergulláronse na linguaxe audiovisual, aprenderon a construír un relato, a darlle forma de vídeo e a executar a súa propia peza.
Durante todo este proceso, os participantes convertéronse en axentes activos de comunicación, elaborado de forma autónoma os seus propios contidos e creando para iso un grupo de traballo onde todos tiñan algunha función. Unha vez rematada a formación, os usuarios adquiriron unha serie de coñecementos e ferramentas que lles permitirán seguir aplicando esta metodoloxía nas actividades e dinámicas da asociación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136