PROVINCIA
Finaliza a rodaxe do thriller “O SANTA ISABEL”
A rodaxe do filme, que será distribuído por Filmax, transcorreu por diversas localizacións de Galicia e Portugal
A semana pasada finalizou en Portugal a rodaxe de “O SANTA ISABEL”. A ópera prima de Paula Cons é un thriller sobre a fuxida da dor e sobre as sombras e, practicamente ningunha luz, do heroísmo. Estrearase nas pantallas a comezos do vindeiro ano da man de Filmax.
Diferentes localizacións de Galicia e Portugal acolleron durante seis intensas semanas a rodaxe da película, inspirada na historia de tres mulleres que se converteron en heroínas pola súa fazaña tralo naufraxio, en 1921, do trasatlántico Santa Isabel fronte á illa de Sálvora, pero ás que a sociedade logo esquecería.
Nerea Barros, Darío Grandinetti e Aitor Luna protagonizan este thriller, xunto a Victoria Teijeiro, Ana Oca e María Costas. Milo Taboada, Celso Bugallo, Machi Salgado, Miguel Borines, Tatán, Roberto Leal, Ana Santos, Mela Casal, Javier Tolosa e Leyre Berrocal, entre outros, completan o reparto.
“O SANTA ISABEL” é a primeira longametraxe de ficción de Paula Cons. A directora e guionista desta película, na que contou coa colaboración de Luis Marías no guión, tamén traballou como guionista e produtora executiva da longametraxe “Lobos sucios”, e como directora e guionista dos documentais “A batalla descoñecida” e “O caso Diana Quer. 500 días”.
Conta ademais cun equipo de profesionais de primeira liña como o director de fotografía Aitor Mantxola (“El fotógrafo de Mauthausen”), o director de arte Antonio Pereira (“Fariña”), a responsable de maquillaxe e perruquería Raquel Fidalgo, ou a encargada de deseño de vestiario Eva Camino (“Fariña”).
En palabras da súa directora: “pretendemos achegarnos a un feito histórico, recuperar o recordo de tres mulleres fascinantes e facer unha reflexión sobre a fuxida da dor (da protagonista e da sociedade) a través dunha historia misteriosa e cun gran poder visual”.
O filme está coproducido pola galega Agallas Films, a vasca Historias del Tío Luis, a arxentina Aleph Cine e a portuguesa Take 2000. Conta coa participación de TVG, RTVE e ETB, e co apoio da AGADIC, do Goberno Vasco, do ICAA, do INCAA arxentino, do ICA portugués e do Programa Ibermedia.
“O SANTA ISABEL” chegará aos cines españois a comezos do 2020 da man de Filmax.
![[Img #52311]](https://xornal21.com/upload/images/04_2019/2896_el-santa-isabel_03.jpg)
SINOPSE
Que acontece despois dun naufraxio no lugar que o contemplou e viviu todo? Na madrugada do 2 de xaneiro de 1921, en medio dunha espesa néboa o vapor El Santa Isabel, con 260 emigrantes con destino Bos Aires, afundiu fronte á escarpada e dura costa da illa de Sálvora. Esa noite non había homes na illa, estaban celebrando o Nadal en terra firme. A única esperanza dos supervivintes que loitaban por non estrelarse contra as rochas eran as poucas mulleres, vellos e nenos que vivían neste lugar.
Tres mozas da illa, María (Nerea Barros), Josefa (Victoria Teijeiro) e Cipriana (Ana Oca), deciden lanzarse ao mar nunha pequena embarcación tradicional. Remando só de oído, debido á espesa néboa e á noite cerrada, logran salvar a 50 persoas. Todo o que ocorre desde esa noite vai sacudir e cambiar para sempre a esta illa.
Un xornalista arxentino, León (Darío Grandinetti), acude a Sálvora para cubrir a nova do naufraxio. Pero pouco a pouco comproba que esa noite sucederon demasiadas terribles “casualidades” na illa. Son moitas as incógnitas que hai que resolver...

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11