O PORRIÑO
Unha viaxe Santiago abriu o programa de actividades para os alumnos franceses de intercambio
A comitiva de 16 estudantes franceses máilos dous profesores acompañantes partiron o domingo en autobús ata Santiago onde realizan unha ampla visita turística. Esta excursión á capital galega é a primeira das actividades culturais, de ocio e deportivas organizadas polo Concello de Porriño en colaboración co IES Ribeira do Louro e outras entidades para este grupo de estudantes de intercambio procedentes da vila francesa de Fronçac.
A comitiva chegou a O Porriño e recibiron un agasallo de benvida nas instalacions do Círculo Recreativo Cultural xunto coas familias porriñesas que aloxan nas súas casas ós estudantes galos, do mesmo xeito que fixeran familias francesas cos alumnos do IES Ribeira do Louro que viaxaron o ano pasado ata Francia.
O programa de actividades continuará mañan martes cunha visita ás instslacions de “Blokdegal” e outras empresas de transformación do sector da pedra en Porriño. Nos vindeiros días realizarán un treito do Camiño Portugués, entre Tui e Porriño ou recibirán unha clase de escalada no rocódromo do Polideportivo a cargo doalpinista Jesús Martínez Novas.
O venres 19, a alcaldesa Eva García ofreceralles unha recepción no Concello coma despedida antes de que emprendan o día seguinte a viaxe de volta ó seu país.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163