SALCEDA DE CASELAS
Presentación de Xosé Manuel Suárez como candidato do BNGen Salceda
Participarán Xosé Represas, alcalde de Ponteareas, e Xesús López, candidato ao Congreso
O BNG celebrará este mércores un acto público en Salceda de Caselas. Tras ser elixido para encabezar a candidatura do Bloque nas vindeiras eleccións municipais, Xosé Manuel Suárez presentará á veciñanza as liñas básicas do seu proxecto para a localidade, ás 20:30 horas no Auditorio Municipal.
Suárez, que contou coa confianza do BNG para recuperar a presenza institucional, estará arroupado por Xosé Represas, alcalde de Ponteareas. Ademais, no marco da campaña electoral para as Eleccións Xerais, no acto tamén participará Xesús López Carreira, candidato número 2 ao Congreso. López Carreira, que foi concelleiro de Cultura en Vigo na etapa de goberno do BNG, é licenciado en Dereito e mestre vinculado con Salceda, xa que exerceu como director no Colexio Altamira e no IES Pedras Rubias.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217