PROVINCIA
A Deputación e o CSIC Galicia amplían a liña de colaboración con actividades comúns
O novo delegado do CSIC en Galicia, Antonio de Ron, e a directora da Misión Biolóxica, Elena Cartea, visitaron o Pazo Provincial
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, recibiu esta semana no Pazo Provincial ao novo delegado institucional do CSIC en Galicia, Antonio de Ron, e á directora da Misión Biolóxica de Galicia, Elena Cartea, “un día moi especial, dixo a presidenta provincial, porque poñemos en valor campos do coñecemento tan relevantes como a ciencia e a investigación”.
Silva resaltou "a importancia de levar a ciencia e a investigación aos centros educativos, para transmitir o seu valor as nenas e nenos e a toda mocidade da nosa provincia. Queremos conseguir espertar o interese investigador e para iso hai que poñer recursos e as administracións temos que estar aí”. Tamén engadiu que “imos estudar a posibilidade de realizar actividades comúns que persigan o marabilloso obxectivo de que a ciencia chegue a todos os lugares porque con ela promovemos a igualdade de oportunidades e fomentar a realización de proxectos que teñen o poder de cambiar o mundo".
Carmela Silva, subliñou “a importancia de levar a ciencia aos centros educativos e transmitir o valor da investigación que ten o poder de cambiar o mundo”
Na mesma liña, Antonio de Ron, delegado institucional do CSIC Galicia desde o pasado mes de febreiro, sinalou que "queremos levar o CSIC e o noso traballo á toda sociedade e consideramos moi importante transmitir a ciencia a través de actuacións escolares, visitas divulgativas e visitas guiadas”. O delegado institucional do CSIC en Galicia rematou agradecendo á presidenta da Deputación de Pontevedra a recepción e subliñando que "o que quere o CSIC é fortalecer os pontes de colaboración que xa existen coa Deputación de Pontevedra, propietaria das instalacións da Misión Biolóxica".
Por último, Carmela Silva agradeceu sinceramente o ofrecemento do CISC para empregar os seus recursos e espazos para que a Deputación poida realizar diferentes actividades. Apuntou que isto é moi relevante posto que “a ciencia vai ser o instrumento que nos permita ser competitivos, produtivos, pois a xeración de empregos de calidade e a actividade económica vai a ir vencellada cada vez máis ao coñecemento e á investigación”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11