Miércoles, 04 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 19 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Os Socialistas de Salceda fanse eco das protestas veciñais polo uso do Glisofato

O PSdeG-PSOE de Salceda de Caselas ven de denunciar o uso de herbicidas para a  limpeza de cunetas nas zonas rurais. O uso de Glisofatos, cos perigos  que supoñen para saúde, xa que poden traer consigo a contaminación de augas subterráneas e mananciais, está a provocar o malestar nalgunhas zonas de Salceda, coas correspondentes queixas veciñais.


"Veciños da parroquia de Parderrubias, foron testemuñas do uso de produtos químicos por parte da Xunta de Galicia" segundo aseguran "o Glisofato úsase simplemente para facer máis rápido as limpezas de vías en zonas rurais!.


Vense denunciando desde fai décadas os seus potenciais efectos negativos na saúde humana. En 2015 a OMS, clasificou o Glisofato como probablemente canceríxeno para os seres humanos, baseándose na evidencia de que o é para os animais, sendo tóxico para a reprodución. Ademáis de na nosa saúde o seu uso ten grandes impactos no medio ambiente, xa que o entrar en contacto co chan e a auga pode afectar a anfibios e lombrigas de terra, fundamentais para a fertilidade do chan. O seu uso diminúe a diversidade e cantidade de especies vexetais podendo afectar a seres vivos esenciais para a agricultura.


“É lamentable que a Xunta de Galicia continúe utilizando estes herbicidas para a limpeza de cunetas despois das reiteradas peticións para que non utilicen este sistema”, denuncian os socialistas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.