VIGO
A Xunta solicítalle á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e ao Concello de Vigo o convenio de abastecemento
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destaca a iniciativa da Xunta para promover o estudo de alternativas para achegar solucións estruturais que garantan o abastecemento de auga a longo prazo en Vigo e a zona sur da provincia de Pontevedra
A Xunta de Galicia solicitoulle hoxe con urxencia á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e ao Concello de Vigo o texto asinado do convenio sobre o abastecemento de auga coa fin de proceder tamén á súa rúbrica. O obxectivo do Goberno galego é que o acordo de colaboración quede formalizado canto antes e que, de forma inmediata, se poida iniciar o estudo de alternativas para garantir a subministración de auga a Vigo e a zona sur de Pontevedra a longo prazo.
Tras anunciar onte publicamente o alcalde de Vigo que o convenio de colaboración está xa rubricado pola Administración local e pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, dirixiuse hoxe por escrito a ambas administracións para demandar a remisión do dito texto e pechar definitivamente a súa tramitación.
Tal e como reitera a conselleira, a Administración autonómica está en total disposición de asinar o convenio de colaboración desde hai tempo.
Na súa carta. Ethel Vázquez lembra que foi a preocupación da Xunta de Galicia polas deficiencias do sistema de abastecemento de auga de Vigo, que pode comprometer o seu subministro no contexto do cambio climático, o que a levou a tomar a iniciativa de realizar un estudo de alternativas plasmado no convenio de colaboración.
Lembra que esa análise debe acometerse sen prexuízo da necesidade urxente de actuar na potabilizadora para poder aproveitar ao máximo a auga encorada e evitar problemas de cantidade e calidade
Trátase de realizar una análise completa e sen apriorismos de todas as posibilidades de actuación para achegar solucións estruturais que permitan garantir o abastecemento de auga a Vigo e á zona sur da provincia de Pontevedra a longo prazo.
A Xunta, o Concello de Vigo e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil acordaron a finais do pasado mes de outubro realizar e financiar conxuntamente ese estudo proposto pola Administración autonómica.
No seu escrito, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade salienta que a procura dunha solución estrutural a longo prazo para o sistema de abastecemento debe abordarse sen prexuízo da necesidade urxente de que a concesionaria municipal da auga de Vigo actúe na estación potabilizadora.
Esa estación presenta deficiencias que son coñecidas desde, polo menos, o ano 2008, e quedaron en evidencia novamente no episodio de seca do ano 2017, cando o encoro de Eiras estaba ao 38% da súa capacidade pero a potabilizadora non podía garantir a calidade desa auga despois de tratala.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11