Viernes, 26 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 23 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Xunta e Concello de Salvaterra executarán unha senda a Zacoteiras e a mellora da rúa Rosalía de Castro

Trátase de dúas actuacións que teñen como obxectivo a mellora das condicións de accesibilidade e mobilidade dos veciños deste municipio

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o alcalde de Salvaterra do Miño, Arturo Grandal, firmaron a semana pasada un convenio por importe de máis de 680.000 euros para a execución dunha senda peonil desde o centro urbano da vila e o núcleo de poboación das Zacoteiras, nas estradas PO-400 e PO-402, e a rehabilitación do firme da estrada PO-400, no tramo que coincide coa rúa Rosalía de Castro.

 

O obxectivo desta colaboración do departamento de Infraestruturas da Xunta coa Administración local é a mellora das condicións de accesibilidade e mobilidade dos veciños deste concello pontevedrés, e o reforzo da seguridade viaria.

 

As obras obxecto deste convenio asinado en Santiago permite acometer os dous proxectos deseñados polo departamento de Infraestruturas da Xunta.

 

 

 

 

Habilitarase un itinerario de 1,5 quilómetros de lonxitude adaptado á orografía na marxe dereita das estradas PO-400 e PO-402, que se completará cunha rede de drenaxe para recollida, canalización e evacuación das augas de escorrentía

 

 

 

 

Unha das intervencións prevé a construción dunha senda peonil na marxe dereita das estradas PO-400, puntos quilométricos 1+120 – 2+380, e PO-402, entre os p.q. 0+000 – 0+140, que parte do centro urbano de Salvaterra do Miño e vai ata o núcleo de Zacoteiras.

 

Trátase de executar un itinerario de case 1,5 quilómetros de lonxitude e adaptadas á orografía. Os traballos da senda completaranse cunha rede de drenaxe para recollida, canalización e evacuación das augas de escorrentía, a preinstalación dos servizos de alumeado público e telecomunicación e a disposición da sinalización vertical e repintado das marcas viarias afectadas.

 

Ademáis os traballos de remate inclúen o recheo con terra vexetal; semente de especies estacionais, así como a instalación de varanda de protección en aceiro tubular e recrecido de pozos e arquetas.

 

A outra intervención comprende a rehabilitación do firme da estrada PO-400 ata a glorieta de intersección coa PO-402, no tramo urbano que se corresponde coa rúa Rosalía de Castro. Neste vial, moi transitado por vehículos e peóns e que cruza o centro da vila ata o núcleo de poboacional de Oleiros, a actuación inclúe a limpeza das marxes e apertura de cunetas, o reforzo de firme e o pintado de marcas e sinais.

 

 

 

 

A Xunta asume o custe da intervención e o concello a titularidade dos dous tramos das estradas

 

 

 

 

Segundo establece o convenio asinado hoxe, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade subvencionará os gastos de execución das obras e se compromete a transferir ao concello os terreos de dominico público viario necesarios para a execución das obras.

 

Pola súa banda, correspóndelle ao Concello de Salvaterra do Miño adxudicar, dirixir e executar as mesmas de conformidade co proxecto, e tamén asumir con anterioridade á licitación das obras a titularidade do treito da senda peonil e do tramo da rúa Rosalía de Castro, salvo calzada e beiravías.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.