MONDARIZ BALNEARIO
O BNG alerta dun “escándalo polo uso privado dun camión municipal"
Os nacionalistas preguntarán no Pleno e sopesan enviar probas obtidas á Fiscalía
O portavoz e candidato do BNG á alcaldía de Mondariz Balneario, César Gil, denuncia “o uso indebido do camión que a Deputación Provincial entregou ao concello, no marco do desenvolvemento do Plan Revitaliza”. Trátase, segundo indica Gil, “dun pequeno camión dotado de guindastre destinado a funcións de apoio á implantación do programa de compostaxe do lixo”.
Tal e como lle trasladaron veciños da localidade ao portavoz do BNG, “a camioneta é utilizada por un empregado do concello para a realización de traballos de construción e reformas remunerados a particulares”. Os representantes do Bloque realizaron “un seguimento da queixa veciñal, podendo comprobar á súa veracidade”. “No último mes o traballador municipal utilizou en varias ocasións este e outros medios de traballo municipais, fóra da xornada habitual do seu traballo, en execución de obras en domicilios particulares”, indican dende o BNG.
O BNG obtivo “probas dos feitos” e asegura contar “con diversas testemuñas que así o acreditan”, polo que levará a Pleno a cuestión esixindo explicacións ao alcalde. Os nacionalistas indican que “José Antonio Lorenzo deberá responder ás preguntas coas que o BNG pretende coñecer se a actuación do traballador contou co permiso do rexedor ou se este actuou sen contar con ela.”
Dende o BNG sopesan pór en coñecemento da Fiscalía estes feitos, que segundo afirma Cesar Gil, “non é a primeira vez que suceden, e sospeitamos que son perfectamente coñecidos polo alcalde”. Gil asegura que os feitos “proban a arbitrariedade e descontrol existente na xestión municipal, especialmente na organización de persoal e medio municipais”. O portavoz do BNG resaltou tamén “a inadmisible competencia desleal e o dano que así se lle provoca a empresas do ramo legalmente establecidas no propio concello de Mondariz Balneario, onde crean emprego e riqueza”.
O BNG destaca que “feitos como este son consecuencia dos vicios adquiridos durante mais de trinta e seis anos de ocupación do poder municipal pola mesma persoa, polo que a necesidade de cambio en Mondariz Balneario é unha auténtica urxencia”.
Arroupado pola deputada do BNG no Parlamento Galego, Olalla Rodil, e pola alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, o candidato destacou “o aval do traballo serio e rigoroso ao servizo da veciñanza que o BNG leva demostrando na vila dende hai décadas, que é fundamental para o cambio político que vivirá Mondariz Balneario dende o 26 de maio”.
César Gil asegurou contar cun equipo de persoas “coas ideas claras, con experiencia e capacidade para asumir o goberno local.” Segundo indicou o candidato á alcaldía, “temos ganas e ilusión, e co apoio das veciñas e veciños abriremos un tempo novo para revitalizar Mondariz Balneario e convertelo nun concello aberto e transparente, onde todas as persoas sexan tratadas por igual”.
O candidato do BNG apela a deixar atrás “o desastre e o abandono, e recuperar a ilusión para mirar ao futuro con optimismo”. “Queremos un Mondariz Balneario dinámico, que teña en conta aos nenos e aos maiores, con actividade sociocultural e emprego, con apoio ao comercio e hostalería, con mellores servizos e o noso patrimonio recuperado. En definitiva, traballaremos dende o goberno para pór en marcha iniciativas que rematen coa perda de poboación e fagan que o noso concello medre”, afirmou César Gil.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191