Lunes, 02 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 19 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Campamento de Semana Santa integrador na Ludoteca de Louredo

Usuarias de EVD Galicia e nenos de 3 a 12 anos de idade conviven durantes estes días de vacacións escolares

Dende o pasado luns día 15 de abril a Ludoteca Municipal de Louredo ven sendo esceario dun campamento infantil moi integrador. Nel conviven un total de 23 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos con usuarias de EVD Galicia.


Aínda que o campamento está controlado e impartido por profesionais, as mulleres das EVD están presentes e acompañan aos cativos en todo momento, en calidade de colaboradoras.


Este Campamento Infantil de Semana Santa 2019 do Concello de Mos leva por título Artistas na Natureza e durante o mesmo desenvólvense obradoiros e actividades ao aire libre así como xogos tradicionais e iniciativas de artesanía e reciclaxe.


A última xornada do campamento será o vindeiro luns, día 22 de abril.


O horario é de 9.00 a 14.00 horas e tamén se ofrece o servizo de Plan Madruga de 8.00 a 9.00 horas, e de comedor de 14.30 horas a 15.30 horas. O campamento tamén conta con servizo de transporte.


Os obxectivos desta iniciativa son, ademais de favorecer e facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos pais e nais de nenos/as en idade escolar, facer visible ante a sociedade a realidade do colectivo das persoas con discapacidade que, en contra do que moitos pensan, é moi válido e apto para infinidade de tarefas; e aumentar a autoestima e a autorrealización dos membros de dito colectivo, neste caso as usuarias do Centro de EVD Galicia (Escravas da Virxe Dolorosa).


Tamén se pretende educar na diversidade e no respecto dende a infancia, de ahí a importancia deste obradoiro con escolares; para que os nenos e nenas coñezan dende cativos a realidade da discapacidade e a vivan con tolerancia e sendo conscientes de que das persoas con discapacidade tamén hai moito que aprender.


Tras esta experiencia tan enriquecedora e, no marco do Plan de Integración HABITAMOS, cederase a xestión da Ludoteca de Louredo para a prestación deste servizo por parte de EVD Galicia. Un proxecto co que a asociación se atopa moi ilusionada. As usuarias de EVD teñen xa experiencia de anos impartindo obradoiros infantís tales como o de elaboración de marmeladas con escolares mosenses, etc. E tamén este mesmo Campamento Infantil de Semana Santa do Concello de Mos que se atopa en marcha.


O Concello de Mos informaba a principios do presente mes de abril de que iniciou o expediente administrativo das Ludotecas Municipais en San Rafel e Louredo para que poidan entrar en funcionamento despois de que a empresa que resultou adxudicataria do servizo renunciase ao mesmo e posteriormente quedase deserta a segunda convocatoria do concurso público. Desde ese momento, e ao non haber adxudicatario que as xestionase, as ludotecas atopábase sen actividade; e para evitar a infrautilización destas instalacións o Concello explorou outras posibilidades de xestión.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.