Redacción / Xornal21.es
Jueves, 18 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS
Movemento Salceda ratifica a lista para as eleccións municipais
A Asemblea Xeral de Movemento Salceda ven de ratificar por unanimidade a candidatura coa que a formación política concorrerá ás eleccións municipais o vindeiro 26 de maio e coa que espera revalidar o Goberno que leva exercendo dende o ano 2007. A totalidade das persoas asistentes á asemblea deron o seu visto bo á candidatura, que estará formada por 23 persoas, 13 titulares e 10 suplentes, o máximo permitido no caso do Concello de Salceda de Caselas.
O alcalde Marcos Besada estará acompañado no número dous pola actual tenente de alcalde Loli Castiñeira, que repite posto, e incorpora no número 3 a Alex Rodríguez, que xa viña participando nos últimos anos na actividade de Movemento Salceda e que agora dá o salto á política activa con ese terceiro posto que garante a súa entrada no Concello. O resto da candidatura será presentada proximamente pola agrupación, que traballa xa no acto de "posta de largo" da súa lista.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda sinala que "estou orgulloso das 22 persoas que me van acompañar neste camiño de cara a revalidar o noso proxecto. Contamos con xente seria, traballadora e comprometida, co uns perfiles moi variados que sen dúbida enriquecerán este proxecto e que farán que sigamos a traballar intensamente pola transformación de Salceda. Levamos feito moito pero sen dúbida queda moito por facer, e Movemento Salceda chega a estas eleccións máis forte que nunca e cargado de ilusión e ganas."

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217