Vigo
A Xunta destina máis de 1,3 millóns para 113 perceptores da Risga
A novidade máis importante este ano deste programa que vén de resolverse é que a duración dos contratos amplíase de 7 a 9 meses e que se incrementa a axuda media por traballador en 3000 euros
A Xunta de Galicia vén de resolver a convocatoria dos apoios concedidos este ano aos concellos galegos para a contratación de persoas perceptoras da Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga), unha iniciativa á que destina máis de 1,3 millóns de euros a 14 municipios da área territorial de Vigo para a contratación de 113 desempregados.
No conxunto de Galicia, o Goberno galego inviste este ano 7,6 millóns, un 3,6% máis que en 2018, para contratar a 670 parados en 194 localidades, tendo preferencia aqueles que teñan asignado un proxecto de inserción de carácter laboral, os maiores de 45 anos e os que teñan cargas familiares. A novidade máis importante nesta nova convocatoria é que a duración dos contratos amplíase de 7 a 9 meses. Ademais, a axuda media concedida por traballador aumenta nun 35,4%, sobre 3000 euros máis, chegando aos 11.467 euros.
Asemade, a Consellería de Economía, Emprego e Industria publicará nas vindeiras semanas a nova convocatoria dos obradoiros de emprego 2019-2020 (duais e específicos para a mocidade) aos que destinará preto de 24,5 millóns para a posta en marcha de 80 talleres, a través dos que máis de 1500 desempregados recibirán formación e accederán a un posto de traballo para o desenvolvemento de tarefas que supoñan un servizo en beneficio da comunidade. Os Concellos Emprendedores seguirán tendo preferencia nesta iniciativa.
Son dúas iniciativas coas que a Xunta apoiará o emprego local nos concellos galegos e ás que se suma o Aprol Rural, un programa que acaba de resolver a Consellería de Economía, Emprego e Industria para que os concellos poidan contratar persoal para labores de limpeza e prevención de incendios.
Obradoiros duais
No que atinxe aos obradoiros duais, investiranse 21 millóns para beneficiar a 1200 desempregados a través de 61 programas. Por segundo ano consecutivo ponse en marcha esta modalidade de obradoiros que, ademais dun contrato de formación e aprendizaxe de 9 meses, inclúe a posibilidade de que os desempregados poidan optar tres meses máis a xornada completa, como mínimo, a un contrato laboral nunha empresa do ámbito territorial no que se desenvolva o obradoiro e na mesma especialidade na que se cualificaron. Deste xeito, a Xunta incentivará, para aqueles concellos que o soliciten, a contratación nas empresas.
Dentro dos obradoiros duais, ao igual que na edición pasada, tamén se primarán os forestais e os específicos para mellorar o Camiño de Santiago. Resérvanse, deste xeito, 5 millóns para os forestais, que permitirán o acceso a certificados de profesionalidade nas especialidades de aproveitamento madereiro, recolección de produtos forestais, repoboación, conservación e mellora do monte, silvicultura, construción e mantemento de infraestruturas para a prevención e extinción de incendios e de seguridade e medio ambiente e as relacionadas tamén coa vixilancia e extinción de incendios. Dos 5 millóns destinarase un millón para os obradoiros promovidos por entidades sen ánimo de lucro do eido forestal.
Para os obradoiros do Camiño de Santiago investiranse 3 millóns na realización de tarefas destinadas á conservación, reforma e posta en valor das rutas de peregrinación.
En todos os obradoiros duais terán preferencia os desempregados con especiais dificultades de inserción no mercado de traballo, como os emigrantes retornados, as mulleres, parados de longa duración, maiores de 45 anos, persoas que esgotaran as prestacións e subsidios por desemprego, persoas con capacidades diferentes e aqueles que carezan de títulos universitarios ou de FP de grao superior. Este ano, como colectivo preferente, inclúense tamén ás persoas beneficiarias do tramo de inserción da Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga).
Apoio á mocidade
Con respecto aos obradoiros específicos para menores de 30 anos, a Consellería de Economía, Emprego e Industria destina 3,5 millóns para beneficiar a 300 mozos e mozas a través de 19 programas, que tamén combinan formación e o acceso a un posto de traballo durante 6 meses.
Ao igual que os duais, os proxectos poden ser promovidos polos concellos, as mancomunidades de concellos e as entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello. Poderán ser beneficiarios desta modalidade de obradoiros os mozos e mozas menores de 30 anos inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil. Nas próximas semanas publicarase esta liña de axudas no Diario Oficial de Galicia. A través destes obradoiros tamén se acceden a certificados de profesionalidade ao remate da formación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11