HOGAR
Denuncian a "venda sen control" de bombonas de gas
Desde FONCALOR aseguran que veñen observando"con "a facilidade con que calquera particular pode adquirir, "prácticamente sen control", bombonas de gas butano ou propano, distribuídas a través de diversos puntos de venda como poden ser gasolineiras, tendas multiservicio, etc. Basta dispoñer dun envase vacíou para que se poida obter sen máis dificultade outro cheo, se pode adquirir un envase sen a necesidade de entregar o de reposición.
"Pasamos dunha situación en que a distribución de bombonas de gas butano estaba moi restrinxida e controlada, mediando os correspondentes contratos de subministración e distribuídas directamente polos almacenistas autorizados aos puntos de consumo de particulares ou negocios rexistrados e con instalacións legalizadas, a unha situación onde case todo vale e pódese comprar un envase coma se dun produto máis de consumo tratásese" explican.
Actualmente a normativa de distribución deste tipo de produtos queda regulada polo real Decreto 919/2006 do 28 de xullo no que se establecen as condicións de distribución deste tipo de envases. Por outra banda, autorízase a un máximo de dous envases para transporte en vehícus particulares.
E o problema xorde "cando analizamos o estado das instalacións onde se conectan gran parte destas bombonas, instalacións obsoletas, sen as revisións correspondentes e sen as garantías a mínimas de seguridade que calquera instalación particular debe cumprir conforme lexislación".
"O risco que iso supón é obvio e cabe lembrar os múltiples incidentes que se producen pola incorrecta manipulación destes elementos, xa sexa de forma involuntaria ou intencionada, incidentes que teñen un denominador común: a falta de control na distribución dos envases de gas" explican.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22