REDONDELA
Redondela acolle a visita dos candidatos socialistas ás Cortes Xerais
Olga Alonso, Guillermo Meijón, Olga Rodríguez e Antonio Vázquez estiveron acompañados da candidata á alcaldía de Redondela, Digna Rivas
Redondela foi un dos puntos de encontro no que se deron cita as candidaturas ás Cortes Xerais neste pasado domingo de Pascua. Olga Alonso, Guillermo Meijón, Olga Rodríguez e Antonio Vázquez estiveron acompañados da candidata á alcaldía de Redondela, Digna Rivas nun acto no que ducias de veciñas e veciños achegáronse á carpa socialista para coñecer as propostas progresistas de futuro de Pedro Sánchez.
Neste sentido, Rivas destacou precisamente que o seu proxecto municipal é o espello das políticas sociais, de emprego e de futuro de Pedro Sánchez. A candidata á alcaldía de Redondela aproveitou o acto para destacar o peso deste municipio: “Redondela é o cuarto concello da Pontevedra, e precisamos todo o que as políticas progresistas de Pedro Sánchez poidan conseguir para mellorar este municipio e por iso loitarei como alcaldesa”, explicou. “Para min as políticas de Pedro Sánchez son un espello no que reflexarse para trasladar a este concello a equidade e a igualdade, rompendo co clientelismo que é a bandeira do Partido Popular”, rematou Rivas.
Pola súa banda, a candidata ao Congreso Olga Rodríguez tomou hoxe a palabra na súa vila para poñer o acento no feminismo: “é preciso asegurar un goberno de Pedro Sánchez para garantir que España estea na vangarda das políticas sociais”, afirmou, ao tempo que destacaba que só os gobernos progresistas son quen de salvagardar os dereitos e liberdades conquistadas, especialmente no que atinxe ás mulleres.
A candidata redondelá ao Congreso Olga Rodríguez destacou que “é preciso asegurar un goberno de Pedro Sánchez para garantir que España estea na vangarda das políticas sociais”
“Un goberno de Pedro Sánchez é garantía de igualdade efectiva e real entre homes e mulleres”, e por iso “temos que asegurarnos que a dereita máis rancia non sume e nos devolva a décadas pasadas”, recalcou Rodríguez, que por vez primeira forma parte da lista ás Cortes Xerais.
Finalmente a número un á Cámara Alta, Olga Alonso destacou que “estamos traballando para recuperar o que se perdeu co goberno de Rajoy. En 10 meses sacamos a máis importante oferta pública de emprego na década e, sobre todo, estamos a traballar para reverter as indignas condicións de traballo nas que nos meteron as políticas da dereita”.
“Pedro Sánchez deu os primeiros pasos nestes dez meses, coa suba do salario mínimo interprofesional, o plan de emprego xuvenil”, explicou Alonso, “pero fai falla moito máis e, sobre todo, fai falla meterlle man á reforma laboral e traballar para construír un Estatuto dos Traballadores adecuado ao século XXI e iso é o que imos defender”, rematou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91