Nun acto con 150 empresarios
Nidia Arévalo reclama a gratuidade da peaxe do Porriño da AP-9
Esta solicitude a Ana Pastor da candidata á alcaldía de Mos polo Partido Popular sumouse á demanda ao conselleiro Francisco Conde dun acceso ao Polígono da Veigadaña dende Amieirolongo
Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos e candidata á alcaldía ás eleccións municipais polo Partido Popular, aproveitou un acto con 150 empresarios para volver a reclamar a gratuidade do tramo Vigo-Porriño da AP-9 e a creación dun túnel na A-55. Lembrou que fora unha promesa do goberno de Mariano Rajoy que quedou varada logo da entrada na Moncloa de Pedro Sánchez.
Arévalo, en presenza de Ana Pastor, candidata ao Congreso do Partido Popular, e acompañada tamén polo actual conselleiro de Economía, Francisco Conde, e a deputada do Congreso e exministra de Empleo, Fátima Báñez, ademais de Pilar Rojo, candidata ao Senado por Pontevedra, e Ignacio López-Chaves, delegado territorial da Xunta en Vigo, reclamou no xantar con empresarios celebrado onte no Multiusos das Pozas en Mos, a posta en marcha do acceso ao Polígono de Veigadaña dende Amierolongo.
O polígono protagonizou boa parte do discurso de Arévalo, logo de afirmar que o crecemento do tecido empresarial deste municipio converte a Mos nun concello cunha posición privilexiada e estratéxica, e nun territorio de oportunidades. “Boa mostra disto é que hoxe en día Mos ocupa o cuarto posto no ranking de concellos con maior facturación empresarial da provincia de Pontevedra con máis de 800 millóns de euros, e que o polígono de Veigadaña conta cun 92% de ocupación e 850 traballadores”, lembrou. Paralelamente á finalización da implantación de empresas no polígono (en marzo de 2020 está previsto chegar á 100% da ocupación), o programa dos populares prevé pór en marcha un plan de atracción de empresas que xere emprego e permita fixar a poboación ao territorio co fin último do pleno emprego para Mos.
Pleno emprego
A actual alcaldesa falou tamén da inversión anual en Mos en políticas de formación e emprego, queascende a 1,5 millóns de euros, e avanzou que na próxima lexislatura propón crear un Pacto local polo Emprego e impulsar aínda máis a Axencia de Colocación (que desde a súa creación no 2014 conta xa con máis de 6.000 persoas dadas de alta) co fin de chegar á meta do pleno emprego no municipio. Neste sentido, Nidia Arévalo recordou que “hoxe en día, Mos ten a mellor cifra de emprego da Área Metropolitana, cunha media de descenso anual do paro de 16,5%”.
A candidata á alcaldía de Mos anunciou a creación da “Escola de segunda oportunidade” como un dos piares fundamentais das políticas de emprego da Axencia de Colocación. Tamén avanzou que porá en marcha unha “Galería de emprendedoras e emprendedores” para axudar e dar apoio aos que inician un proxecto empresarial.
Arévalo puxo de manifesto durante o xantar outras medidas para o seu goberno nos vindeiros catro anoscomo a centrada no turismo como motor económico de Mos. Aproveitando o paso do Camiño de Santiago polo municipio, porá en marcha o programa “Me gusta Mos”, unha iniciativa na que os veciños converteranse en guías e embaixadores do concello a través de visitas guiadas, cursos e charlas de asociacións e colectivos do municipio.
Empresa ecosocial
Co fin de facer un Mos referente en empresas socialmente comprometidas, Arévalo avanzou a creación dun selo municipal de calidade baixo a marca “Máis Mos ECO SOCIAL”. Este distintivo entregarase ás empresas que cumpran criterios sociais e medio ambientais (salarios dignos, contratación estable, saúde laboral, participación). Para isto, crearase un Consello plural e iniciaranse accións de control en colaboración coa inspección de traballo e en constante diálogo coas diferentes organización sindicais e patronais das empresas instaladas en Mos.
Arévalo falou tamén durante a súa intervención de medidas para facer un Concello máis eficiente xerador de políticas sociais e inversións. Para alcanzar este obxectivo propuxo, entre outras medidas, crear a figura da “Conta tributaria local” que facilitará o pago fraccionado dos tributos locais ao longo do exercicio. Tamén comprometeuse a que nos vindeiros catro anos a presión fiscal dos tributos axustarase á suba do IPC. No control do gasto, destacou do seu programa electoral, un plan de estabilización de gasto corrente que de ningún modo supoña un detrimento da calidade dos servizos sociais e a Oficina de control presupostario, a disposición de todos os membros da Corporación, de información e seguimento da actividade orzamentaria e dos procesos de contratación e concesións administrativas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104