Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 17:01:48 horas

Xornal21.es
Miércoles, 24 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Represas fai públicos os primeiros once postos da candidatura

O candidato á alcaldía de Ponteareas polo BNG, Xosé Represas, fixo pública onte a relación dos once primeiros postos da candidatura ás eleccións municipais. Ademais do propio Represas que a encabeza, e do segundo e terceiro posto ocupados pola actual edil de Educación, Cristina Fernández, e polo avogado Roberto Mera, a lista continua con Verónica Carrera (Pías) diplomada en educación social e actual concelleira de Benestar Social no goberno local.


No quinto posto figura Fernando Groba (Santiago de Oliveira), licenciado en filoloxía e profesor de educación secundaria. O sexto lugar está ocupado por Eva Gil (Canedo), licenciada en xeografía e máster en desenvolvemento local e políticas comunitarias, é directora de proxectos no GDR que xestiona o Leader da Mancomunidade de Vigo e Baixo Miño. No sétimo posto atópase Miguel Bouzó (Ponteareas), membro da Dirección Nacional de Galiza Nova e vicerresponsábel local do BNG en Ponteareas. A oitava posición é para Rosa Covelo (Ponteareas), licenciada en bioloxía e técnica de medioambiente. Ocupa o noveno posto Xosé Manuel Vidal (Guillade) diplomado en maxisterio e doutor en pedagoxía, xefe de departamento de orientación en varios centros de infantil e primaria e secretario da comunidade de montes de Guillade. No décimo lugar figura Nahír Covelo, licenciada en veterinaria e titular dunha clínica en Ponteareas. Por último, o undécimo posto está ocupado por Marcos Groba (Santiago de Oliveira) enxeñeiro de minas e xefe de obras en grandes infraestruturas de comunicacións, ademais de atleta do Taninos Runners.


Represas salientou que a candidatura está conformada “por persoas de elevada cualificación profesional e académica, combinada coa experiencia política e de goberno de persoas como Cristina Fernández, Roberto Mera ou Verónica Carrera, o que supón unha garantía de eficacia, competencia e capacidade de xestión no futuro goberno local”.


O actual alcalde sinalou que “a nosa candidatura é un compromiso absoluto coa igualdade de xénero, ao estar conformada en cremalleira, alternando homes e mulleres de principio a fin”. Represas tamén salientou a renovación que supón a candidatura, pois entre os once primeiros, seis candidatos e candidatas participan por vez primeira nunha lista do BNG.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.