GALICIA
Feijóo felicita aos alumnos galegos que acadaron medallas nas SpainSkills
Destaca o labor e a implicación de todo o sistema educativo e incide en que, grazas ao esforzo conxunto, a FP galega é sinónimo de calidade, profesionalidade e emprego
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, felicitou hoxe aos nove alumnos galegos que acadaron medallas nas SpainSkills e aos seus docentes, exemplos, dixo, do alto nivel da FP en Galicia.
Logo das olimpíadas nacionais de FP, nas que a Comunidade participou en 26 categorías a través dos gañadores do certame autonómico, Feijóo aproveitou o acto para trasladar o recoñecemento a todos os participantes e, moi especialmente, aos galardoados. “Parabéns para Iria, medalla de bronce na categoría de Atención sociosanitaria, o mesmo galardón que acadaron: Víctor, na categoría de Cociña; Alejandro, en Administración e sistemas en rede; Leonardo e Rafael en Mecatrónica, e Brais en Tecnoloxía do Automóbil. E parabéns, tamén, para David, medalla de prata na categoría de Fresado”, resaltou, referíndose, ademais, aos gañadores das medallas de ouro en Ebanistería e en Panadería, Brais e Yamila, respectivamente, aos que desexou sorte nas vindeiras competicións: o WorldSkills 2019, en Rusia, e o EuroSkills 2020, en Austria.
O presidente da Xunta recibiu esta mañá ao alumnado premiado nas olimpíadas nacionais de Formación Profesional
Durante a súa intervención, o responsable do Goberno galego destacou o labor e a implicación de todo o sistema educativo que conforma a Formación Profesional galega para, a través da innovación, convertela nunha opción de futuro atractiva para os máis novos; nun modelo de formación útil para as persoas que a cursan; e para a sociedade, fomentando a competitividade do tecido produtivo con profesionais ben formados.
“Estes galardóns non só recoñecen o voso esforzo e a vosa dedicación e determinación, senón tamén o traballo dos centros públicos nos que vos formastes e, por suposto, dos docentes que vos acompañaron nesta etapa”, dixo, incidindo en que grazas ao esforzo conxunto a FP galega é sinónimo de calidade, profesionalidade e emprego.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11