MOS
Mos homenaxea á súa ciclista Campioa de España, Susana Alonso
O pasado 30 de marzo a mosense gañou o campionato nacional de Ultramaratón Élite disputado en Teruel, no que dominou dende o inicio
Onte a tarde celebrouse no Concello de Mos a recepción a Susana Alonso Carballo, que o pasado 30 de marzo erixiuse de novo Campioa de España de Ultramaratón Élite vestindo por primeira vez o maillot da Selección de Galicia. A ciclista mosense estivo acompañada por, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Baldomero Lorenzo, concelleiro de Deportes de Mos e demais membros da Corporación Municipal.
![[Img #52543]](https://xornal21.com/upload/images/04_2019/5293_dsc_0180.jpg)
Alonso revalidou en Calamocha ou seu título de Campioa de España de Ultramaratón Élite. A primeira etapa da Jamón Bike serviu para disputar o Campionato de España de Ultra Maratón sobre un percorrido de 127 km. A Jamón Bike de Calamocha citou á elite con motivo da oitava edición da proba que organiza o Club Ciclista Calamocha, que foi o evento elixido para repartir os títulos do Campionato de España de Ultramaratón BTT, ademais dos podios do Rexional.
Un total de 700 corredores encheron a capital da Comarca do Jiloca, nunha festa da BTT, na que se coroou Susana Alonso, que encadeou o seu segundo ouro consecutivo.
Os 127 quilómertos do percorrido contaron cun desnivel acumulado de 3.000 metros nos que Susana Alonso dominou de principio a fin proclamándose Campioa de España Ultramaratón 2019 BTT, dentro do VIII Jamón Bike disputado en Calamocha (Teruel).
O percorrido, deseñado polo Club Ciclista Calamocha, organizador do evento, constaba de 127 quilómetros de gran esixencia que atraeron ata a localidade turolense a uns 700 corredores, segundo informou a Real Federación Española de Ciclismo (RFEC).
Dominio absoluto de Susana Alonso
A ciclista mosense Susana Alonso exhibiu a súa superioridade desde o primeiro quilómetro ata o último deste Campionato de España de Ultramaratón. Marcou diferenzas desde o arranque da proba e tras atoparse coa compañía de Silvia Roura, aínda en categoría sub-23, marchouse en solitario aproveitando a subida a Fonfría. Alonso mantivo a súa vantaxe e proclamouse en Calamocha Campioa de España con catro minutos de vantaxe sobre Roura, que foi segunda en meta e mellor ciclista sub-23. A terceira praza absoluta ocupouna a Máster 40A María Teresa Barreira, mentres que o podio élite estivo integrado por María Desiree Castro, quinta absoluta, e Marta Romeu, a oitava ciclista en completar a proba.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104