Martes, 14 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 22:03:40 horas

Xornal21.es
Viernes, 26 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O BNG pedirá explicacións a De La Torre pola paralización da adxudicación a dúas obras

A xunta local de Goberno acordou a instancia da Alcaldesa desistir da licitación da obra “Construcción de rotonda e beirarrua no camiño de conexión entre  A Pontenova e o torreiro da Guía”. Obra que "fora solicitada, polo goberno municipal, con cargo ó Plan Concellos da Deputación de Pontevedra  e que estaba e fase de presetación de ofertas previa a súa licitación. Constaba no expediente a dotación orzamentaria, por un importe de 463.007´15 € e os informes favorábeis tanto de intervención como do servizo de urbanismo" segundo explican dende o BNG.


Dende o Bloque Nacionalista galego consideran que "este tipo de decisión de renunciar aos proxectos presentados  ao Plan Concellos , previamente tamén renunciou o goberno a obra de hunmanización da Avda. de Galicia por un importe de 604.000€, é unha clara mostra da falla de proxecto político e  planificación do goberno Goberno  municipal".


Na resolución do acordo de renuncia da obra “Construcción de rotonda e beirarrua no camiño de conexión entre  A Pontenova e o torreiro da Guía”  non se recolle ningunha motivación que xustifique tal renuncia.


A construción da rotonda da Pontenova fora unha proposta  "feita polo BNG aos orzamentos municipais do 2018 e ampliada na solicitude a deputación  coa urbanización do camiño da Guía. Está é unha vella demanda dos veciños e veciñas da parroquia de Atios  na procura de mellorar a comunicación e a seguridade viaria no cruce da Pontenova" segundo explican.


O BNG ve "inxustificable esta decisión é pedirá a Eva García De La Torre explicacións pola renuncia da obra e solicitará que se manteña a licitación da obra".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.