Martes, 14 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 22:03:40 horas

Xornal21.es
Domingo, 28 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Invernadoiro de Mucha do Peso nun dos espazos estrela do Festival de Cans

O autor da canción oficial, Fernando Epelde, Chisme, fará en Cans a estrea mundial do seu primeiro filme SYD. Efectos especiales que dejan de ser especiales con el tiempo

O autor da canción oficial, Fernando Epelde, Chisme, fará en Cans a estrea mundial do seu primeiro filme SYD. Efectos especiales que dejan de ser especiales con el tiempo

A señora Mucha e o seu home, Juan, dúas das persoas de maior idade da aldea de Cans, 80 e 88 respectivamente, comezan estes días a estirar a alfombra vermella para acoller de novo no seu jalpón e no seu invernadoiro, unha das chamadas a ser a programación estrela da XVI edición do Festival de Cans.

 

Este novo espazo, que invernadoiro comezou o pasado ano como un novo espazo singular en período de proba e supuxo toda unha sorpresa, un éxito totalmente inesperado para a propia organización sobre todo pola enorme repercusión que tivo a actuación de Kevin Weatherill, o líder da banda Immaculate Fools.

 

En cousa dun mes, o 25 de maio, Fernando Epelde, Chisme, Xosé Manuel Budiño e Antón Reixa serán os encargados de recoller o testigo e afianzar aínda máis ese nexo case tanxible entre proxeccións audiovisuais e música, partindo nun espazo realmente atractivo para un número reducido de público e co aliciente ademáis de ser en varios casos, obras inéditas que verán a luz en Cans por vez primeira.

 

Un dos grandes atractivos da programación será a estrea mundial do filme SYD. Efectos especiales dejan de ser especiales con el tiempo de Fernando Epelde. Ademais de ser o autor da canción oficial deste ano Falando de Cans, é un dos creadores galegos máis interesantes dos últimos anos sendo actor, dramaturgo e músico. As súas creacións audiovisuais teñen unha liña de creación moi marcada, na que se mesturan a Serie B, a banda deseñada e a estética underground. Syd é unha película sobre a fraxilidade ética do cinema e as historias que contamos, protagonizada por personaxes de escasos principios morais. Unha comedia macabra sobre a necesidade de aproximar os relatos aos feitos, tal e como sucederon, nesta época de posverdade e manipulación da memoria.

 

 

 

 

Retrospectiva dos videoclips de Xosé Manuel Budiño e pequeno avance do seu último traballo, Fulgor

 

 

 

 

Xosé Manuel Budiño converteuse nunha das personalidades máis relevantes da música galega das dúas últimas décadas e cunha sólida carreira de media ducia de discos como compositor e gaiteiro excepcional, acaba de publicar Fulgor, o séptimo disco da súa traxectoria, co cal da un sorprendente xiro cara o pop, sacando á luz sen complexos o cantante que levaba dentro e revélase como un magnífico compositor de cancións pop. Unha oportunidade única para coñecer de primeira man esta evolución, contado por él mesmo, e rexistrada nunha escolma dos seus clips, onde figuran realizadores habituais en Cans como Enrique Otero ou Roi Fernández, ou se rescata un clip case descoñecido como é Rapabestas, que a finais dos 90 realizara Tareixa Montes coa colaboración de Jorge Coira.

 

E tras estar apartado un tempo dos escenarios Antón Reixa volverá a Cans para presentar o seu proxecto propio, Melancoholemia, unha proposta experimental de música e imaxes, aberto de ritmos, melodías, temas e versos recén chegada do WOMAD de Cáceres. Coa imaxe do realizador Antonio Segade, inseparable compañeiro de viaxe, e as bases musicais de Cachopou e do Hevi, cerebro de Maladrómeda.

 

A venda das entradas para cada unha destas actividades xa está habilitada a través de tenda.festivaldecans.com a un prezo de 5€ (prazas moi limitadas). Súmanse así ás entradas para as proxeccións de FuraCans e aos últimos packs de lanzamento con desconto dispoñibles para a Sección Oficial de Ficción e Animación, que rematan o seu prazo de venda este domingo 28 de abril.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.