VIGO
Anxo M. Lorenzo participa na homenaxe ao poeta Manuel Antonio
O CIFP Manuel Antonio de Vigo acolle os actos para conmemorar o 90 aniversario da publicación do poemario ‘De catro a catro’
O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiu hoxe á homenaxe ao poeta Manuel Antonio cando se cumpren 90 anos da publicación do poemario De catro a catro, a súa obra máis significativa.
Os actos conmemorativos tiveron lugar no CIFP Manuel Antonio de Vigo e deron comezo as 12,00 horas cunha mesa redonda na que participaron Xosé Luís Méndez Ferrín e Xosé Luis Axeitos. A continuación procedeuse á apertura da exposición fotográfica Galegas e Galegos de hoxe. Esta mostra está composta por imaxes de persoas destacadas en diferentes ámbitos como o deporte, a música, a literatura, a investigación ou o ensino.
Un dos principais actos desta xornada foi a presentación da publicación conmemorativa, editada por Hércules Ediciones e financiada pola Consellería de Cultura e Turismo, na que máis de 60 profesionais de distintos ámbitos colaboran para manter vivo o recordo do poeta a través de escritos, debuxos ou pinturas.
A homenaxe a Manuel Antonio complétase cunha mostra monográfica sobre a súa traxectoria na que se expoñen obxectos, fotografías e manuscritos orixinais que foron cedidos pola Casa Museo e pola Fundación Barrié de la Maza.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149