PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra pioneira na incorporación do “Lego Serious Play” nun coworking
O coworking de Barro é o primeiro galego en aplicar esta metodoloxía que Carmela Silva enxalzou como “innovadora e con grande capacidade para poder compartir ideas”
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participou esta tarde na primeira aplicación da metodoloxía “Lego Serious Play” nun coworking en Galicia. Deste xeito, a institución convértese en pioneira ao incorporar no coworking de Barro esta metodoloxía coa que xa están a traballar grandes empresas internacionais. En concreto, esta tarde en Barro afondouse sobre a integración da igualdade no traballo e a proxección de negocios a futuro, da man de María Ucieda, directora académica de European Business Factory (escola galega que certifica a metodoloxía), quen explicou os obxectivos da actividade e dinamizou os dous grupos integrados por unha vintena de coworkers entre os que se atopaba a presidenta provincial.
Carmela Silva enxalzou o carácter innovador da metodoloxía e a súa capacidade para poder compartir ideas e destacou as posibilidades de “Lego Serious Play” para participar. “Moitas veces en grupos grandes hai unha porcentaxe moi pequena de persoas que ocupan o espazo e temos que traballar para construír puntos de encontro no que o 100% das persoas que participan poidan construír e expresarse”, asegurou a presidenta.
Pola súa banda a mentora Carmen Costas agradeceu a implicación da Deputación de Pontevedra “en todo o que supón innovar e xerar ideas novas, máis traballando para visibilizar a igualdade e traballando desde a liberdade”. No caso de María Ucieda, destacou que a metodoloxía parte da igualdade xa que “todas e todos ante as pezas Lego somos iguais” e fixo fincapé na necesidade de construír a igualdade dende a innovación.
A presidenta provincial e as persoas viveiristas de Barro aplicaron o Logo Serious Play na integración da igualdade no traballo e na proxección de negocios a futuro
A metodoloxía “Lego Serious Play” trátase dunha dinámica de traballo que parte da realización de proxectos e propostas empregando pezas de Lego. Deste xeito, cada persoa que participa nas sesións recibe unha bolsa de material integrada por pezas Lego coa que constrúen elementos. A aposta por pezas de Lego débese a que a través do xogo as barreiras que manexan as persoas de forma inconsciente caen e adóptanse decisións máis eficientes. Amais, mediante o xogo e partindo da liberación da imaxinación e da creatividade constrúense modelos, estratexias, técense relacións e tamén visións de empresa.
Con “Lego Serious Play” foméntase e poténciase a comunicación, a aprendizaxe, a resolución e xestión de problemas, a innovación e eficiencia nos negocios. A metodoloxía tamén facilita a reflexión e é moi útil cando hai un tema complexo no que non existe unha resposta única nin sinxela. Finalmente, Lego Serious Play sirve para aprender a deseñar reunións eficientes entre equipos multidisciplinares, detectar necesidades e alternativas profesionais e de negocio, xerar novas ideas, e afianzar o compromiso e sentimento de pertenza ao equipo de traballo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11