Lunes, 02 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 26 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

As e os socialistas conxúranse en Mos coa vista posta nas eleccións xerais

Olga Alonso e David Regades acompañaron a Victoria Alonso, candidata á alcaldía, e Alejandro Figueroa, número dous para o concello e suplente na lista do Senado

A tres días das eleccións, as e os socialistas reuníronse en Mos da man da candidata á alcaldía, Victoria Alonso, que exerceu de anfitrioa dun acto no que se fixo un chamamento á participación o próximo domingo. Coa preseza de Olga Alonso, cabeza de lista ao Congreso, e David Regades, secretario xeral provincial, así como de Alejandro Figueroa, número dous na lista municipal e tamén presente nas do Senado, o partido conxurouse para afrontar con “ilusión e ganas” non só esta cita coas urnas, senón tamén as próximas municipais.


“É moito o que nos xogamos”, apuntou Alonso, que recordou que o PSOE “é o mesmo partido de sempre, con 140 anos de historia”. “Outros xa cambiaron de nome varias veces”, ironizou, “mentres outros presumen de ideas que só nos van levar ao retroceso”. A futura Deputada lembrou que o progreso deste país foi da man das e dos socialistas, “o único partido que conseguiu dereitos para todas e todos”.


“Temos que ir votar convencidos de que este partido é o mellor”, engadiu, pedíndolle á veciñanza que saian a convencer a cidadanía “con exemplos concretos”, como a consecución da sanidade universal, a loita contra a violencia de xénero ou a aprobación de dereitos sociais como o aborto ou o matrimonio entre persoas do mesmo sexo.


Neste punto coincidiu co exposto polo secretario xeral provincial, que chamou a acudir “aos centros de traballo, aos mercados, as cafeterías” e explicar que o este 28 de abril son unhas eleccións “cruciais”.


“As enquisas son o domingo nas urnas”, apuntou Regades. “A dereita vai ir votar toda; temos que facer un esforzo e convencer a todas e todos de que é importantísimo votar polas mulleres, polas nosas e nosos maiores, polas e polos estudantes”, un voto que se ten que concentrar no PSOE, “o único partido” que ten feito un traballo pola provincia desde o Congreso.


O máximo dirixente provincial aproveitou tamén para denunciar as políticas de retroceso e recortes de dereitos do Partido Popular, como no caso das bolsas de estudos. “O PP non quere que as fillas e fillos da clase traballadora estuden na universidade, nós subimos as bolsas para que poidan facelo”, sinalou.


Pola súa banda, candidata á alcaldía repasou algunhas das políticas que recollían os orzamentos presentados por Pedro Sánchez e cuxo rexeitamento foi o xerme da convocatoria de eleccións. “Fondos para a loita contra a violencia de xénero, para a loita contra a pobreza infantil, baixada do IVE de produtos básicos de hixiene feminina... Que veñan Casado e Rivera a dicir que eles defenden a España”, denunciou Victoria Alonso.


“Os socialistas vimos a darlle luz ao Concello”, asegurou a candidata á alcaldía, que avisou tanto a Olga Alonso como a David Regades de que terán noticias dela a partir de maio “porque vou ser alcaldesa e vou defender á veciñanza en todas as institucións”.


“Nós queremos que Mos creza, e non que se estanque como o ata agora”, asegurou, lembrando a enorme débeda na que sumiu ao concello o actual goberno do Partido Popular liderado por Nidia Arévalo. “Nin tendo a Xunta e o Goberno de España do PP conseguiu investimentos”, denunciou Alonso, “e da Deputación de Pontevedra, a única que inviste en Mos, non fai outra cousa que falar mal porque non é do seu partido”.


O acto contou tamén coa intervención de Alejandro Figueroa. O número dous da lista para as municipais denunciou que a dereita “non acaba de entender que o seu tempo rematou”. “A cidadanía está farta e quere un goberno que recupere os dereitos que perderon cos gobernos do PP”, sinalou o tamén candidato ao Senado.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.