Lunes, 02 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 28 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

O Castro British School acolle o II Encontro de Debate Escolar

Tras o éxito da súa primeira edición, o torneo celebrarase en dúas xornadas e fomentará a capacidade dialéctica dos nenos, as súas habilidades de oratoria e a súa argumentación

Esta semana presentouse na Axencia de Colocación de Mos a segunda edición do Encontro de Debate Escolar que contou coa presenza de Silvia Lobato Muriente, Presidenta de CODE, Alejandra Vidal Casqueiro, Socia Directora de WEDU Sociedade e Educación, Mr. NATHAN PARRY, Head Teacher de O Castro British School, Nidia María Arévalo Gómez, alcaldesa de Mos, Óscar Soto Abadín, concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías e Candela Janeiro Catoira (Presidenta da Asociación Retórica).


O II Encontro de Debate Escolar vén cargado de novidades que, sen dúbida, farannos gozar aínda máis desta fantástica exhibición. A principal novidade é que se desenvolverá baixo o formato de British Parliament (BP), unha das modalidades de competición de debate máis empregadas a nivel mundial. A particularidade deste modelo é que os temas para debater non se anuncian con anterioridade, senón que se coñecen no mesmo momento en que se desenvolve a competición, deixando aos participantes 15 minutos para preparar a postura que lles toca defender. Esta postura (a favor ou en contra) tamén se sorteará o mesmo día do Encontro.


É por iso que, nesta modalidade, ademais de axudar aos nosos novos estudantes a converterse en cidadáns con espírito crítico, capacidade analítica e comunicativa, tamén favorece a súa capacidade de improvisación, salientando a argumentación e o razoamento fronte ao traballo de documentación propio da modalidade de debate académico.


Outra das novidades desta segunda edición do Encontro é que todas as mocións (así se denomina aos temas de debate na modalidade BP) versarán sobre unha película, INVICTUS, gran obra cinematográfica dirixida por Clint Eastwood e protagonizada por Morgan Freeman e Matt Damond. Nela nárrase a historia de como Nelson Mandela, recentemente nomeado presidente, tenta unir aos seus compatriotas despois da caída do Apartheid en Sudáfrica organizando o Campionato Mundial de Rugby. Así que vos recomendamos unha sesión de cinema e flocos de millo antes de asistir ao Encontro.


Dúas xornadas
O torneo desenvolverase en dúas xornadas, o sábado 4 e 11 de maio, e nel participarán 32 equipos, compostos por dous membros cada un, que representarán a diferentes centros educativos e asociacións de Vigo e a súa contorna: O Castro British School, Colexio Estudo, Escola Rosalía de Castro, Carmelitas, Aldeas Infantís, Inventiva Asociación e WEDU Sociedade&Educación.

 

 

 

 

Organizado pola asociación Club de Oratoria e Debate (CODE), de recente creación, conta co respaldo O Castro British School, o Concello de Mos e WEDU

 

 

 


Este ano asume a organización do Encontro a asociación Club de Oratoria e Debate (CODE), de recente creación, e está patrocinado por O Castro British School, o Concello de Mos e WEDU.


O director do colexio, Mr. Nathan Parry, agradeceu un ano máis deixar que O Castro British School sexa parte dun evento tan singular como enriquecedor para os mozos da comarca, “unha fantástica iniciativa que aglutina valores e preceptos incluídos no noso proxecto educativo e que dota aos nenos dunha ferramenta básica no século XXI, a capacidade de comunicación”, sinalou Mr. Parry.


Concurso de Oratoria: Un novo espazo para os máis pequenos
Pero aínda hai máis novidades xa que co obxectivo de achegar a oratoria e o debate aos máis pequenos, nesta segunda edición inclúese tamén un Concurso de Oratoria dirixido a nenos de 3º a 6º de primaria matriculados naqueles colexios ou institucións que participen no II Encontro de Debate Escolar, así como de centros escolares públicos, privados e concertados do Concello de Mos e área metropolitana de Vigo.


Todos os participantes no concurso gravarán en vídeo un discurso de 2 minutos de duración sobre o tema “A maxia do deporte”. Unha vez enviado o vídeo á organización, un comité de evaluadores valorará cuestións de forma e de fondo como o uso da voz, a estrutura, a exposición das ideas, inicios ou finais cativadores, entre outros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.