Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 18:19:43 horas

Xornal21.es
Martes, 30 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Román Rodríguez felicita aos alfombristas de Ponteareas queanunciarán o Xacobeo 21 en Bruxelas

O titular de Cultura e Turismo agradeceu a constancia, perseveranza e dedicación dos membros da Asociación de Alfombristas de Ponteareas

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado da directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, asistiu a semana pasada na praza do Obradoiro á recreación dunha alfombra floral co logo do Xacobeo 21. Trátase dun adianto da monumental alfombra que os membros da Asociación de Alfombristas de Ponteareas realizarán na Grand Place de Bruxelas para anunciar a celebración do vindeiro Ano Santo.

 

Durante este acto, o titular de Cultura e Turismo agradeceu “a constancia, perseveranza e dedicación” dos artesás de Ponteareas. “Sabemos que dedicastes infinidade de esforzos no impulso deste proxecto por iso hoxe quero felicitarvos a todos en nome de Galicia”, afirmou Román Rodríguez.

 

O Concello de Bruxelas ven de aprobar esta semana o proxecto dos alfombristas de Ponteareas e da Xunta para cubrir de flores a icónica Gran Place de Bruxelas en agosto de 2020 e anunciar así, na capital de Europa, a celebración do Xacobeo 21 e promover os valores da Ruta Xacobea durante o principal evento mundial deste tipo de arte efémera, a Flowercarpet.

 

 

 

 

Os artesáns celebraron o apoio do Concello de Bruxelas creando unha pequena alfombra co logo da celebración do Ano Santo na praza do Obradoiro

 

 

 

 

O conselleiro de Cultura e Turismo lembrou cando, no ano 2017, a pedra do Obradoiro cubriuse cunha vintena de alfombras realizadas por máis de 200 artesáns de ata tres continentes. “Estou seguro de que a iniciativa que se levará a cabo en Bruxelas terá tanto éxito como a que se realizou nesta mesma praza”, afirmou.

 

Cómpre recordar que mostras de arte efémera como esta son pezas clave do patrimonio inmaterial de Galicia e tamén un importante atractivo turístico. Especialmente na nosa Comunidade, que conta con localidades cunha gran tradición de alfombristas como, entre outras, Bueu, Burela, Cangas, Redondela e especialmente en Ponteareas, cuxa festa do Corpus Christi está declarada como Festa de Interese Turístico Internacional.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.