GALICIA
A Xunta suspende provisionalmente a contratación das novas concesións de transporte público
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade defende a corrección da licitación aberta pero considerou preferible non avanzar na mesma ata que o Tribunal administrativo de contratación pública de Galicia se pronuncie sobre o recurso anunciado polas patronais do transporte
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade suspendeu hoxe provisionalmente a contratación das novas concesións de trasporte público en cumprimento do mandato do Tribunal administrativo de contratación pública de Galicia.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade defende a absoluta corrección xurídica da licitación en curso e considera preferible que se realice esta suspensión cautelar do procedemento ata que o Tribunal se pronuncie sobre o recurso anunciado polas patronais do transporte, para blindar así a seguridade xurídica do proceso.
O Goberno galego non presentou ante o Tribunal argumentación contraria á paralización cautelar do procedemento solicitada polas federacións de transporte, pois é o seu obxectivo avanzar no procedemento contando con plenas garantías xurídicas e evitando a inseguridade e o posible prexuízo aos licitadores e ao servizo público.
O Goberno galego non argumentou en contra da paralización cautelar do proceso, desde o obxectivo de levalo a cabo coas plenas garantías xurídicas cando se pronuncie o tribunal
A Administración autonómica está a cumprir co seu deber legal de licitar todas as concesións de transporte público interurbano neste ano e defende o rigor e a corrección do procedemento seguido.
A Xunta conta co aval do pronunciamento ao seu favor do Tribunal administrativo central de recursos contractuais ante o recurso similar presentado polas federacións de transporte no ano 2017.
Mantense invariable o cronograma que prevé que os novos contratos de transporte empecen a funcionar o vindeiro mes de agosto.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60