Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 29 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra esgota en 2 horas as 380 prazas para as visitas aos Castelos

No Castelo de Soutomaior vanse desenvolver os días 5, 12 e 19 de maio e mailos días 1, 2 e 8 de xuño. No Castelo de Sobroso chegarán os días 10, 11 e 12 de maio

Ás nove da mañá de hoxe, 29 de abril, abría o prazo de inscrición e, en pouco máis de dúas horas, a Deputación de Pontevedra esgotou as 380 prazas dispoñibles para a nova edición de visitas teatralizadas nos castelos de Soutomaior e de Sobroso. Un total de 80 persoas participarán nas visitas a Sobroso, onde xa hai unha lista de agarda de máis de 100 persoas, e outras 300 farano en Soutomaior ao longo das fins de semana do vindeiro mes de maio e comezos de xuño.

 

As personaxes da bufona Burlona, Teresa de Távora e a pantasma Sancha serán nesta ocasión as personaxes que guíen as novas visitas teatralizadas. Como cada ano, a Deputación de Pontevedra búscase así desestacionalizar o turismo na provincia e dar a coñecer a historia de Soutomaior e Sobroso dun xeito máis ameno, interactivo, innovador e divertido. As visitas ao Castelo de Sobroso terán lugar os días 10, 11 e 12 de maio, cun aforo de 20 persoas por quenda. No caso do Castelo de Soutomaior, a iniciativa vaise desenvolver os días 5, 12 e 19 de maio e mailos días 1, 2 e 8 de xuño, con grupos de 30 persoas por quenda.

 

 

 

 

A bufona Burlona, Teresa de Távora e a pantasma Sancha serán as personaxes que guiarán esta nova edición das visitas teatralizadas

 

 

 

 

No Castelo de Soutomaior, será a bufona Burlona a encargada de abrir as portas da fortaleza, presentando despois a toda unha serie de persoeiros, entre os que aparecerá unha nova personaxe, que será Teresa de Távora. Foi a muller de Pedro Madruga, unha muller que xogou un papel moi activo nos conflitos e alianzas da nobreza galega e que servirá para descubrir un novo punto de vista do castelo, máis divertido e interactivo.

 

En Sobroso,  a visita correrá ao cargo da pantasma Sancha, protagonista dun xogo de pistas para as familias. As persoas visitantes terán que axudar a Sancha, que soña con escapar do castelo, pero para facelo precisa de tres obxectos que se agochan tras os muros e historias de Sobroso. Así, realizarán unha ruta polos muros da fortificación, coñecerán que personaxes habitaron en Sobroso e que historias aconteceron alí e no seu entorno.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.