Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 18:19:43 horas

Xornal21.es
Martes, 30 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O serán e a acampada abren unha nova edición da romaría da Picaraña

O concello informa que ademais de xogos tradicionais, mercado agro-ecolóxico e actividades deportivas a veciñanza poderá participar no xantar popular e desfrutar das zonas de acampada que deberán ser solicitadas na bibliotea municipal

A acampada scout a partir das cinco da tarde para todos e todas as maiores de once anos e o serán a partir das nove da noite abrirán o programa de actividades programadas para celebrar a romaría da Picaraña.


O concello de Ponteareas convida a toda a veciñanza a participar nas actividades do vindeiro día 1 de maio na que se volverá vivir unha nova edición da romaría popular, unha das celebracións que contan cunha maior participación de veciños e veciñas de todas as idades.


Dende as parroquias de Arcos, Bugarín, Canedo e Prado subirán unidos como romeiros os veciños e veciñas para chegar á  Picaraña.


Dado que son moitos os mozos e mozas que, dende sempre, acampan xa dende a noite anterior á celebración da festa (noite do 30 de abril ao 1 de maio), a Oficina Municipal de Información Xuvenil ( OMIX ), do Concello de Ponteareas, dependente da Concellería de Mocidade que xestiona Verónica Carrera,  quere lembrarlles que, segundo a lexislación vixente, a acampada libre esta prohibida.


Para poder acampar sen ningún tipo de impedimento, os interesados e interesadas, poderán facelo de xeito totalmente gratuíto, nos terreos do albergue xuvenil de A Picaraña, propiedade do Concello de Ponteareas. Para isto, só terán que se inscribir na oficina da OMIX, na Biblioteca Municipal de Ponteareas, na rúa A Perillana.


Nesta actividade transversal organizada por distintas concellerías colaboran as comunidades de montes veciñais en man común de Arcos, Ponteareas e Prado, as asociacións veciñais de Arcos e Canedo, os centros culturais de Arcos, Bugarín e Prado, o grupo scout BosqueTea e os Caminhantes do Condado.


A concellería de Cultura e Turismo, dirixida por Hortensia Bautista, convida a ir vestido de romeiro e romeira do século XIX con instrumentos musicais para facer festa.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.