DEPORTES
Triunfo de Pablo Álvarez na Copa Galicia do Porriño
O Cross Country Olímpico (XCO) galego recuperou o pasado sábado un dos seus circuítos históricos na provincia de Pontevedra. Despois de anos de ausencia no calendario autonómico, o Monte da Risca acolleu a primeira edición do Trofeo XCO Concello do Porriño, segunda xornada puntuable da Copa Galicia. Nun trazado no que se acumulan as lembrazas do pasado impúxose a xuventude do sub23 Pablo Álvarez (Cambre).
O palmarés desta cita organizada pola AD Avanza estreouse con outros once bikers inscribindo o seu nome como gañadores. Laura Capa (Aleata) e Miguel Rodríguez (Ponteareas) venceron nas carreiras cadetes, Noela Saa (Academia Postal) e Jorge Fernández (Ponteareas) nas juniors, Irene Trabazo (Marín) na sub23 feminina, Desiree Fernández (RSBike) e Jorge Punzón (Cosmos) nas elites, Rocío Blanco (A Forna) e Diego Rey (Tambre Bike) nas máster-30, Alejandro Trasbach (Racing Cycling) na máster-40 e Carlos Otero (BTT Fene) na máster-50.
O sol e o traballo do clube anfitrión, cun admirable voluntariado, acompañaron nunha espléndida e completa xornada. Pola mañá os protagonistas foron os cativos e as cativas no III Mini BTT Concello do Porriño e pola tarde chegou a quenda dos maiores. "Presente cun inesquecible pasado", comentou o máster-50 Óscar Lorenzo, un dos 153 inscritos no evento puntuable para a Copa Galicia XCO.
No percorrido pola Risca "non te aburres", afirmou Pablo Álvarez despois de bater nun intenso pulso ao local Jorge Punzón, quen luciu o maillot de líder elite. O sub23 do Cambre gañou cun tempo de 1 hora 4 minutos e 10 segundos, superando en 33" ao porriñés do Cosmos. Outro biker que corría na casa, Alberto Pedreira (Bici Verde), ocupou a terceira praza absoluta. "Nas dúas subidas máis pronunciadas é nas que hai apertar de verdade", apuntou como clave da carreira o gañador.
Precisamente en sub23 produciuse un dobre cambio de líderes nos rankings da Copa Galicia. Na clasificación masculina Óscar Leira (Vara e Pedal) desbancou a Estefan González (Burgas Bike), quen non participou nesta proba, e a mesma situación viviuse nas mulleres con Irene Trabazo e Sara García (Pulpeiros Mugardos). Por outra banda, nos juniors Marco Lema (Academia Postal) adiantou a Xoel Montes (Avanza). No resto de categorías dominan as xerais Zaira Vila (Coruxo) e Miguel Rodríguez en cadetes, Noela Saa nas juniors, Desiree Fernández e Jorge Punzón en elites, Rocío Blanco e Diego Rey en máster-30, Alejandro Trasbach nos máster-40 e Carlos Otero nos máster-50.
1 de maio en Ferrol
Dende O Porriño o certame autonómico trasládase a Ferrol, onde este mércores 1 de maio disputarase a terceira xornada puntuable. O Trofeo BTT Rallie da cidade departamental alcanza a súa oitava edición. Ás 11:00 horas comezarán as competicións no circuíto deseñado polo Club Ciclista Ferrol na parroquia de Brión.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126