Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 05 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

“Valmiemprega III” realizou unha visita guiada dedicada aos alumnos de intercambio

O Obradoiro de emprego “Valmiemprega III” realizou unha visita guiada dirixida aos 15 alumnos, xunto cos seus profesores do Instituto Saint-Jean Eudes de Vire en Normandía, que se atopan de intercambio co IES Auga da Laxe de Gondomar. Foron recibidos polo Alcalde de Gondomar, quen lles dou a Benvida, e acto seguido realizouse un percorrido polos arredores da Vila de Gondomar.


Iniciouse unha pequena ruta no Parque da Coelleira, onde viron a xunta dos ríos Zamáns e Morgadáns que forman o Miñor. Seguidamente amosáronlles o Acueduto do Bravo, unha das xoias agochadas da Vila, volveuse ata o centro por un pequeno sendeiro que desemboca na Ponte de Rosas, xunto ao seu fermoso lavadoiro. O percorrido continuou pola Igrexa parroquial e o conxunto etnográfico da Fonte e Lavadoiro de San Bieito, rematando a xornada na Praza da Paradela, onde se lles explicou a recente restauración da mesma, o edificio do concello e outras curiosidades como a escultura homenaxe aos voluntarios dos incendios forestais. O grupo de intercambio amosouse moi interesado en todas as explicacións, e dende o obradoiro valórase moito este tipo de iniciativas que axudan a promocionar os nosos recursos máis alá do Val Miñor.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.