REDONDELA
Redondela acolle este venres 3 de maio a primeira Xornada de Networking Turismo
Organizada polo Concello de Redondela e a Asociación de Empresarios, a Xornada preséntase como unha oportunidade de encontro con máis de 26 entidades relacionadas co sector turístico
Redotour, trátase dunha xornada destinada a poñer en contacto entidades locais con entidades exteriores e promotoras, co obxectivo de reforzar o tecido turístico do Concello de Redondela, amosando novas oportunidades de negocio e establecendo sinerxias entre os axentes do sector.
Organizada polo Concello de Redondela e a Asociación de Empresarios, a Xornada preséntase como unha oportunidade de encontro, onde máis de 26 entidades relacionadas co sector turístico (dinamizadores do territorio, axencias de viaxes, asociacións, empresas de turismo activo, de hostalaría e restauración, transportes, etc.) establecerán contacto, co obxectivo de poñer en marcha novas iniciativas de negocio que fomenten e promovan o sector turístico, aproveitando as oportunidades que ofrece o Concello de Redondela en relación ao Camiño de Santiago, tendo en conta a proximidade do Xacobeo 2021.
Finalmente, realizarase unha ruta guiada no ChocoChú desde o centro de Redondela ata a Lonxa de Cesantes, para que os participantes coñezan as oportunidades do territorio en primeira persoa.
Na xornada, inaugurada polo Alcalde de Redondela, Javier Bas, contarase coa presenza da Directora Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, D.ª Nava Castro, e a presenza de representantes de entidades dinamizadoras e promotoras do territorio, como a Asociación de empresarios de Redondela, o IGAPE, o GDR EURURAL e o GALP 7 Ría de Vigo – A Guarda, que, xunto co resto de entidades presentes, participarán activamente na dinámica da xornada.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91