

Redotour é unha xornada destinada a poñer en contacto entidades locais con entidades exteriores e promotoras, co obxectivo de reforzar o tecido turístico do Concello de Redondela, amosando novas oportunidades de negocio e establecendo sinerxias entre os axentes do sector.
Organizada polo Concello de Redondela e a Asociación de Empresarios, a Xornada preséntase como unha oportunidade de encontro, onde máis de 26 entidades relacionadas co sector turístico (dinamizadores do territorio, axencias de viaxes, asociacións, empresas de turismo activo, de hostalaría e restauración, transportes, etc.) establecerán contacto, co obxectivo de poñer en marcha novas iniciativas de negocio que fomenten e promovan o sector turístico, aproveitando as oportunidades que ofrece o Concello de Redondela en relación ao Camiño de Santiago, tendo en conta a proximidade do Xacobeo 2021.
Tatuajes y piercings
Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.