Martes, 14 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 14 de Abril de 2026 a las 19:38:20 horas

Xornal21.es
Viernes, 03 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

As Novas Xeracións do Porriño camiñarán esta fin de semana cun fin solidario

A organización xuvenil dos populares organiza a "I Andaina Popular polo Porriño": deporte e solidariedade da man para axudar aos que máis o necesitan

O Porriño acollerá esta fin de semana  a "I Andaina Popular polo Porriño" organizada polas Novas Xeracións do Partido Popular en colaboración con Cáritas Parroquial San Rosendo de Torneiros co obxectivo de promover o deporte e tamén a solidariedade.

 

A  andaina, de dificultade media, levarase a cabo o vindeiro domingo, 5 de maio, e está aberta a todos os públicos. Pequenos e maiores poderán participar xuntos desta actividade co único requisito de entregar alimentos non perecedoiros de primeira necesidade que serán doados a Cáritas Parroquial de San Rosendo de Torneiros, entidade que se encargará de repartilos entre as familias que máis o precisen.

 

 

 

 

O evento celébrase este domingo e o único requisito para participar é levar alimentos non perecedoiros de primeira necesidade que serán entregados a Cáritas Parroquial San Rosendo de Torneiros

 

 

 

 

A saída será ás 9:30  h no Parque Infantil, onde se recollerán os alimentos, sendo este o punto de partida dun circuíto circular de 15 kms de distancia e de dificultade media que percorrerá paisaxes dignas de visitar nunha compañía inmellorable, pasando polo Paseo  do Louro, Pontellas,  Orbenlle ou As Gándaras de  Budiño.

 

Faranse dúas paradas ao longo do percorrido onde haberá  avituallamiento (auga e froita) : unha na Pista de Aeromodelismo de Pontellas e outra no  C. C. de  Orbenlle.

 

Para máis información, os interesados poden contactar coa organización chamando ao 634 218 975.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.