Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 18:19:43 horas

Xornal21.es
Viernes, 03 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Garrote presenta hoxe a súa lista ás eleccións municipais

Os socialistas de Ponteareas presentarán a súa lista ás eleccións municipais de do 26 de maio cunha cea con todos os simpatizantes e militantes socialistas. O PSdeG-PSOE tamén quere aproveitar esta ocasión para festexar son o partido máis votado nas eleccións xerais, un resultado que cualificaron de histórico e esperanzador para o futuro de Ponteareas.


A cea celebrarase o venres 3 de maio no Restaurante Cuevas (Ponteareas) as 21:30 horas e contará coa asistencia de Gonzalo Caballero, Carmela Silva e os deputados e senadores electos por Pontevedra nas eleccións xerais.


Chus Garrote volverá a contar coas actuais concelleiras, Vanesa Fernández, Inés Vidal e Bieito Márquez nos catro primeiros postos de saída. A este equipo súmanselle Luís Parra, traballador do servizo contra incendios da Xunta de Galicia, Maripaz Boente, técnica administrativa, Gloria Puertas, técnica en administración e finanzas, Diego M. Groba, investigador e profesor predoutoral na Universidade de Santiago, Francico Fabre, mestre en educación especial, Tomás Otero, operario da metalurxia e Andrea Iglesias, quen actualmente exerce como graduada social na Xuridición Social.


Chus Garrote considera que as eleccións do 26 maio serán iguais de determinantes que as  xerais “pois será a oportunidade que teñan os veciños e veciñas de Ponteareas para consolidar o cambio iniciado hai catro anos e seguir mirando cara o futuro”. Neste senso, a actual tenente de alcalde aproveitará a ocasión para adiantar parte do seu proxecto para a vila do tea.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.